Pedro Rielo
Pedro Rielo Lamela, nado en Pontevedra o 3 de decembro de 1972, é un escritor e xornalista galego.
Pedro Rielo na Festa da malla de Doade en 2015. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1972 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | IES Sánchez Cantón Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Nai | Paz Lamela Vilariño ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.
Como xornalista ten colaborado, entre outros medios, no Diario de Pontevedra, El Progreso, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, O Correo Galego, Antena 3 TV e Galicia Hoxe.
Como escritor colaborou con poemas en revistas como Dorna, Microfisuras, Bravú e Barataria.
É empregado de Servicios Audiovisuales Overon e dende o 17 de setembro de 2012 é xornalista de directos para os programas informativos da Televisión de Galicia como os Telexornal, A Revista e o Bos Días.
Pedro Rielo é fillo de Paz Lamela Vilariño e sobriño dos cregos escritores Isaac Rielo Carballo e Nicanor Rielo Carballo.
Obra en galego
Poesía
- Illado na incerteza, 2002, Espiral Maior.
- As palabras furtivas, 2006, Espiral Maior.
Narrativa
- Detrás dos perdidos (2019). Ed. Embora. Col. O Globo. 272 páxs. ISBN 978-84-17824-07-5.[1]
Ensaio
Premios
- Outubro de 2018: III Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Detrás dos perdidos[2].
- Novembro de 2020: premio Reimóndez Portela. O xurado valorou os seus artigos sobre a lingua, o maltrato e a natureza no Diario de Pontevedra.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha do autor en Cultura Galega.