Pedro Antonio Sánchez Vaamonde

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, nado o 10 de abril de 1749 na parroquia de Santaia de Curtis (Curtis) e finado o 4 de outubro de 1806 en Santiago de Compostela, foi un relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.

Infotaula de personaPedro Antonio Sánchez Vaamonde

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1749 Editar o valor em Wikidata
Curtis, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1806 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santiago 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
EducaciónU. de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupacióncóengo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 2974 BNE: XX1430627

Traxectoria

Naceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispo Alejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.

Foi cofundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.

Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o océano Atlántico.[2]

Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]

"Memoria n.º XIII.º".[6]

Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome dende o ano 2013.[7]

Obras

  • Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, Madrid, 1778.
  • Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, Madrid, 1786.
  • Memoria sobre los ganados de Galicia considerados relativamente a la economía política, Madrid, 1802.
  • Respuesta al canónigo de Lugo D. Joaquín Antonio del Camino, Madrid, 1805.
  • Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, Madrid, 1806.
Capítulos en obras colectivas
  • "Memoria n.º XIII.º", incluída en Coleccion de las Memorias premiadas, Madrid, 1784.[6]
Sobre el
  • Carta crítica al Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, Madrid, 1806, de Francisco Rodríguez de Ledesma.
Póstumas
  • Apología en favor de la Santa Iglesia de Santiago, Santiago de Compostela, 1813.
  • Colección de los escritos del Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, canónigo de la Santa Iglesia Metropolitana de Santiago, Madrid, 1858.[8]
  • La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez, Vigo, 1973.[9]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas