Pecoros

(Redirección desde «Pecora»)

A dos pecoros (Pecora) é unha infraorde de mamíferos artiodáctilos que comprende a maioría dos ruminantes. A maioría dos membros da infraorde teñen apéndices craniais proxectados desde o óso frontal; só dous xéneros existentes na actualidade carecen deles, Hydropotes e Moschus.[1]

Aínda que a maioría dos pecoros teñen apéndices craniais, só algúns destes apéndices son cualificados como "cornos", e moitos científicos coinciden en que os apéndices non xurdiron dun antepasado común, senón que evolucionaron independentemente.[1][2][3][4]

Características diferenciais

Dedos dunha xirafa.
Cornos "verdadeiros" dun búfalo africano (Syncerus caffer).
Cornos caducos dun cervo.
Osiconos dunha xirafa.
Cornos do antílope americano (Antilocapra americana).

Os Pecora comparten características con outros artiodáctilos, incluíndo un estómago de catro cavidades e uns pés paraxónicos, é dicir, que os eixes de simetría en cada extremidade pasan entre os dedos III e IV, o que significa que soportam o peso do corpo nestes dedo. Janis e Scott (1987) recoñecen varios caracteres que distinguen aos Pecora dos membros do seu taxon irmán, o dos Tragulina: un astrágalo con caras paralelas, perda do trapecio e diferenzas en diversas partes do cranio, como na rexión petrosa do óso temporal.[3]

Apéndices craniais

As características distintivas da maioría das familias dos pecoros son os apéndices craniais. Os pecoros modernos (coa excepción dos Moschidae) teñen un dos catro tipos de apéndices craniais seguintes: cornos, cornos con hastas, osiconos e estoxos córneos caducos.[5]

Cornos

Os cornos "verdadeiros" teñen un núcleo de óso cuberto por unha envoltura permanente de queratina. Son rípicos dos bóvidos. Os cornos desenvólvense sobre o periósteo do óso frontal, e poden seren rectos ou curvos. As diferentes características da perficie da vaíña de queratina (por exemplo, as cristas ou os xiros) crese que son causadas por diferentes taxas de crecemento ao redor do núcleo do óso.[3]

Hastas

As hastas son estruturas óseas que caen e son substituídas cada ano nos membros da familia dos cérvidos. Medran cun crecemento permanente nunha estrutura do óso frontal denominada pedículo.[3] Estas cornamentas poden ser ramificadas, como no cervo (Cervus elaphus) ou palmadas, como no alce (Alces alces).

Osiconos

Os osiconos son protuberancias permanentes de estrutura ósea que derivan de cartilaxea osificados que proceden do óso frontal ou dos parietais (fusionados) durante a vida do animal, e que están recubertos de pel e pelo. Preséntanos só os xiráfidos e algúns clados relacionados extintos, representados nos animais modernos só pola xirafa (Giraffa camelopardalis) e os machos do ocapi (Okapia johnstoni).[3]

Estoxos córneos caducos

Esre tipo de cornos son similares aos cornos "verdadeiros", con vaíñs de queratina que cobren os nícleos óseos permanentes; porén, estas fundas son caducas, e caen como as cornamentas dos cervos. Coñécese moi pouco sobre o desenvolvemento destas estruturas, pero xeralmente suponse que evolucionaron independentemente. O único animal que os presenta é o antílope americano (Antilocapra americana).[3]

Clasificación

A infraorde foi definida polo cirtuxián e anatomista comparativo británico, especializado en mamíferos, William Henry Flower (1831-1899).[6]

O nome Pecora provén da palabra latina pecus, -oris que significa "gando".[2]

Familias

Usualmente para determinar as relacións entre as familias dos pecoros (así como de todos os artiodáctilos) baséanse en estudos moleculares, xa que hai pouco consenso en estudos morfolóxicos.[1]

As seguintes familias son recoñecidas como válidas por diferentes grupos de científicos.[5]

  • Orde Artiodactyla
    • Suborde Suina (porcos e pecarís)
    • Suborde Tylopoda (camélidos)
    • Suborde Cetruminantia (hipopotámidos e cetáceos)[7]
      • Infraorde Pecora
        • Familia Cervidae (cervos)
        • Familia Giraffidae (xirafa e ocapi)
        • Familia Antilocapridae (antílope americano)
        • Familia Moschidae (cervos almiscreiros)
        • Familia Bovidae (touros, cabras, ovellas e antílopes)
        • Familia †Gelocidae
        • Familia †Palaeomerycidae
        • Familia †Hoplitomerycidae
        • Familia †Climacoceratidae
        • Familia †Leptomerycidae

Historia evolutiva

Os primeiros fósiles de ruminantes apareceron no eoceno medio. Estes animais eran pequenos, probabelmente omnívoros e que vivían nos bosques.[5]

Os artiodáctilos con apéndices carniais máis antigos datan do mioceno temperán.[5]

A aparición dos pecoros durante o mioceno suxire que sufriron unha rápida diversificación talvez debida aos cambios climáticos da época.[5][8]

Notas