Pazo de Fontefiz

pazo barroco en Ucelle, Coles

O Pazo de Fontefiz, na parroquia de Ucelle, concello de Coles, é un pazo de estilo barroco que data dos séculos XVI, XVII e XVIII, sendo lugar patrucial dunha das máis ilustres casas nobiliarias de Galicia.[1]

Pazo de Fontefiz
ConcelloColes
ProvinciaOurense
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°25′45″N 7°50′05″O / 42.429205, -7.8347287°50′05″O / 42.429205, -7.834728
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Descrición

Fachada principal.

O seu derradeiro solariego, Pedro Ventura de Puga[2] (deputado en varias lexislaturas, procurador en cortes en 1835 e vocal e secretario da Xunta Superior do Reino de Galicia), destacou polo seu labor de fomento e renovación da agricultura e gandería galegas, converténdose así nun predecesor da actividade á que máis tarde se adicaría o pazo.[3]

Na actualidade, Fontefiz é un centro de recuperación de gando autóctono, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que se levan a cabo experiencias gandeiras de selección coas especies de vacún como a caldelá, limiá, vianesa e cachena.

Nas súas 68 hectáreas de superficie, prodúcense alimentos para o sostemento das cabezas de gando nas distintas fases produtivas.

No ano 1979 o pazo foi declarado patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico, considerándose un dos máis importantes de Galicia polas súas dimensións, murallas e patios.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Leirós de la Peña, Paz; La casa de Fontefiz (Contribución al estudio de la hidalguía gallega), memoria de licenciatura, USC, 1986.
  • Leirós de la Peña, Paz; La casa de Fontefiz, Boletín auriense nº 23, 1993, págs. 197-237, ISSN 0210-8445.
  • Artigo Fontefiz, pazo de , Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo (en liña).
  • Blanco Areán, Ramón; Galicia, historia e imagen, páx. 131, Imprenta Graforsa, 1979.

Ligazóns externas