Pauls Jonass

Pauls Jonass nado en Aizpute o 13 de xaneiro de 1997, é un piloto de motocrós letón. Foi campión mundial en MX2 en 2017. Corre en categoría MXGP co equipo Husqvarna.

Infotaula de personaPauls Jonass

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Aizpute, Letonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetonia Editar o valor em Wikidata
Peso74 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webpaulsjonass.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: paulsjonass41 Twitter: paulsjonass41 Instagram: paulsjonass41 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Despois de gañar varios campionatos nacionais en 65cc, en 2011 Jonass gañou o título de Campión do Mundo Júnior na categoría de 85cc cunha KTM.[1] En 2012 pasou á categoría de 125cc e rematou quinto no Campionato de Europa e terceiro no Campionato do Mundo Júnior.[1] En 2013 dominou o campionato europeo de 125cc e participou nunha carreira do Campionato Europeo de MX250, onde obtivo o cuarto posto.[1]

En 2014 participou no Campionato Mundial de Motocrós MX2, no que só disputou algunhas carreiras. Rematou no posto 24 no campionato.[1] En 2015, Jonass uniuse ao equipo da fábrica de KTM, xunto con Jeffrey Herlings baixo a dirección de Stefan Everts. Na súa primeira tempada completa, Jonass subiu ao podio seis veces e converteuse en subcampión do mundo.[2] Na tempada 2016 acabou no quinto posto.[3][4]

En 2017 obtivo as súas primeiras vitorias nun GP, gañando seis dos dezanove Grandes Premios. Terminou a tempada conseguindo o título de campión do mundo,[5] converténdose así no primeiro piloto letón en converterse en campión mundial de motocross. En 2018 quedou subcampión do mundo, por detrás de Jorge Prado.[6]

Para a tempada 2019 do Mundial deu o salto a MXGP co equipo oficial de Husqvarna, de Kimi Räikkönen.[7]


Postos no Mundial de Motocrós

2014: 24º en categoría MX2
2015: 2º en categoría MX2
2016: 5º en categoría MX2
2017: 1º en categoría MX2
2018: 2º en categoría MX2

Notas