Paul Newman

actor, director e produtor de cine estadounidense

Paul Leonard Newman, nado en Shaker Heights (Ohio) o 26 de xaneiro de 1925 e finado en Westport (Connecticut) o 26 de setembro de 2008, foi un actor, director e produtor de cine estadounidense.

Infotaula de personaPaul Newman

(1958) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paul Leonard Newman Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Shaker Heights, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Westport, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónKenyon College (pt) Traducir
Universidade de Ohio
Yale School of Drama
Shaker Heights High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprodutor de cinema , guionista , emprendedor , actor de teatro , actor de dobraxe , realizador , actor , director de cinema , piloto de automobilismo , actor de televisión , actor de cinema , filántropo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 2008 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWestern, cinema dramático e filme sobre crime Editar o valor em Wikidata
ProfesoresTse Tsun Yu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJoanne Woodward (1958–2008), morte da persoa
Jacqueline Witte (1949–1958)
FillosScott Newman (pt) Traducir
 ()
Nell Newman (pt) Traducir
 () Joanne Woodward
Melissa Newman (pt) Traducir
 () Joanne Woodward Editar o valor em Wikidata
PaisArthur Newman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Theresa Fetzer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webnewmansown.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000056 Allocine: 118 Rottentomatoes: celebrity/paul_newman Allmovie: p104390 122194 TV.com: people/paul-newman IBDB: 54477
BNE: XX1041462 Musicbrainz: a9f596de-1258-4656-b5ef-217fbe517c14 WikiTree: Newman-2496 Find a Grave: 30103583 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Orixes

Fillo de Terézia Fecková, nada en Ptičie, Imperio Austrohúngaro (hoxe Eslovaquia), e Arthur Samuel Newman, estadounidense xudeu, fillo de emigrantes húngaros e polacos, cursa estudos elementais na Malvien Grammar School e na Shaker Heights School. En 1942 ingresa no Kenyon College universitario e ao ano seguinte alístase na Armada.

Cumpriu o servizo militar entre 1943 e 1945, nas bases de Okinawa e Guam. Tras servir na Armada durante a segunda guerra mundial, volveu a Kenyon, onde se graduou en Ciencias Económicas e formou parte do equipo de fútbol americano. Estudou posteriormente artes escénicas en Yale cunha bolsa do exército e o método Stanislavski no Actor´s Studio.

Carreira

Despois de traballar de figurante e de facer pequenos papeis en diversas series de televisión, proba sorte no cine. O seu primeiro filme foi The Silver Chalice, cinta bíblica de luxosa produción dirixida por Victor Saville con regulares resultados tanto de público coma de crítica. Compartía cartel con Pier Angeli e Virginia Mayo.

O seu primeiro éxito chegoulle dous anos despois cunha película de enorme repercusión a nivel internacional, interpretando ao boxeador Rocky Graziano en Somebody Up There Likes Me de Robert Wise. Ese mesmo ano logra destacar nun filme de ambiente xudicial baseado nunha obra teatral, The Rack, de Arnold Laven. Un ano despois repite con Robert Wise nun melodrama criminal onde comparte cartel con Joan Fontaine e Jean Simmons, Until They Sail. Ese mesmo ano estrea a biografía musical da cantante Helen Morgan, The Helen Morgan Story, dirixida por Michael Curtiz.

En 1958 Newman estreará catro filmes, entre os que destaca sen lugar a dúbidas Cat on a Hot Tin Roof, de Richard Brooks, adaptación teatral da obra homónima de Tennessee Williams. Este filme marcará unha época e lanzará ao actor ao cumio da industria cinematográfica pola súa extraordinaria interpretación do atormentado Brick Pollitt así coma pola indubidable química en pantalla da parella protagonista, que formará xunto a Elizabeth Taylor. Burl Ives, Jack Carson e Madeleine Sherwood completan un grande elenco.

Con Elizabeth Taylor en Cat on a Hot Tin Roof.

The Left Handed Gun, de Arthur Penn, revisión desmitificadora de Billy o Neno; The Long, Hot Summer primeira película do actor coa que sería a súa dona, Joanne Woodward e cun dos directores cos que máis traballaría ao longo da súa carreira, Martin Ritt; e a comedia Rally 'Round the Flag, Boys!, tamén serían estreados este ano.

En 1959 estrea unha historia sobre as presións da alta sociedade conservadora, The Young Philadelphians, na que interpreta a un xove e talentoso avogado que loita por se abrir camiño. A película, dirixida por Vicent Sherman, está baseada na novela de Richard P. Powell, The Philadelphian. Ao ano seguinte volve a traballar coa súa dona, Joanne Woodward, no melodrama From the Terrace e no drama histórico Exodus, producido e dirixido polo cineasta Otto Preminger, para o que Dalton Trumbo adaptaba o best-séller homónimo de Leon Uris sobre o nacemento do estado de Israel.

1961 parece dar un revés á xove estrela, ao estreares dúas cintas que pasan sen pena nin gloria: por un lado, a hoxe célebre pero no seu momento algo incomprendida O buscavidas, de Robert Rossen; polo outro Paris Blues, a súa segunda película con Martin Ritt, onde encarna a un xove músico de jazz que viaxa a París. Pero, dende 1962 en adiante, Newman vai encadeando un éxito tras outro, en títulos destacados coma Sweet Bird of Youth, nova adaptación dunha obra de Tennessee Williams, que supón o reencontro do actor co director e guionista Richard Brooks; Hemingway's Adventures of a Young Man e Hud de novo baixo a dirección de Ritt; a comedia Samantha onde volve a coincidir coa súa muller; a intriga The Prize con Mark Robson na dirección; e The Outrage, versión do filme de Akira Kurosawa Rashomon, con Martin Ritt na dirección, e onde completa un elenco encabezado por Edward G. Robinson, Laurence Harvey e Calire Bloom.

Filmografía como actor

Na filmografía non se inclúen os cameos, os documentais para os que prestou a súa voz, nin as dobraxes.

AnoFilmeDirectorPersonaxe
2005Empire Falls (TV)Fred SchepisiMax Roby
2002Road to PerditionSam MendesJohn Rooney
2000Where the Money IsMarek KanievskaHenry
1999Mensaxe nunha botellaLuis MandokiDodge Blake
1998TwilightRobert BentonHarry Ross
1994Nobody's FoolRobert BentonSully Sullivan
1994The Hudsucker ProxyJoel CoenSidney J. Mussburger
1990Mr. & Mrs. BridgeJames IvoryWalter Bridge
1989BlazeRon SheltonGobernador Earl K. Long
1989Fat Man and Little BoyRoland JofféXeneral Leslie R. Groves
1986The Color of MoneyMartin ScorseseEddie Felson
1984Harry & SonPaul NewmanHarry Keach
1982The VerdictSidney LumetFrank Galvin
1981Absence of MaliceSydney PollackGallagher
1981Fort Apache, the BronxDaniel PetrieMurphy
1980When Time Ran Out...James GoldstoneHank Anderson
1979QuintetRobert AltmanEssex
1977Slap ShotGeorge Roy HillReggie Dunlop
1976Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History LessonRobert AltmanBuffalo Bill
1975The Drowning PoolStuart RosenbergHarper
1974The Towering InfernoJohn Guillermin, Irwin AllenDoug Roberts
1973O golpeGeorge Roy HillHenry Gondorff
1973The MacKintosh ManJohn HustonRearden
1972The Life and Times of Judge Roy BeanJohn HustonJuez Roy Bean
1972Pocket MoneyStuart RosenbergJim Kane
1970Ás veces unha grande nociónPaul NewmanHank Stamper
1970WUSAStuart RosenbergRheinhardt
1969Butch Cassidy and the Sundance KidGeorge Roy HillButch Cassidy
1969WinningJames GoldstoneFrank Capua
1968The Secret War of Harry FriggJack SmightXeneral Harry Frigg
1967A lenda do indomableStuart RosenbergLuke
1967HombreMartin RittJohn Russell
1966Cortina esgazadaAlfred HitchcockProfesor Michael Armstrong
1966HarperJack SmightLew Harper
1965Lady LPeter UstinovArmand Denis
1964The OutrageMartin RittJuan Carrasco
1964What a Way to Go!J. Lee ThompsonLarry Flint
1963The PrizeMark RobsonAndrew Craig
1963A New Kind of LoveMelville ShavelsonSteve Sherman
1963HudMartin RittHud Bannon
1962Hemingway's Adventures of a Young ManMartin RittO batallador
1962Sweet Bird of YouthRichard BrooksChance Wayne
1961Paris BluesMartin RittRam Bowen
1961O buscavidasRobert RossenEddie Felson
1960ExodusOtto PremingerAri Ben Canaan
1960From the TerraceMark RobsonDavid Alfred Eaton
1959The Young PhiladelphiansVincent ShermanAnthony Judson Lawrence
1958Rally 'Round the Flag, Boys!Leo McCareyHarry Bannerman
1958Cat on a Hot Tin RoofRichard BrooksBrick Pollitt
1958The Left Handed GunArthur PennBilly o Neno
1958The Long, Hot SummerMartin RittBen Quick
1957Until They SailRobert WiseCapitán Jack Harding
1957The Helen Morgan StoryMichael CurtizLarry Maddux
1956The RackArnold LavenCapitán Edward W. Hall Jr.
1956Somebody Up There Likes MeRobert WiseRocky Graziano
1954The Silver ChaliceVictor SavilleBasil

Filmografía como director

AnoFilme
1987The Glass Menagerie
1984Harry & Son
1980The Shadow Box (TV)
1972The Effect of Gamma Rays on Man-in-the-Moon Marigolds
1971Ás veces unha grande noción
1968Raquel, Raquel

Véxase tamén

Ligazóns externas