Patrimonio da Humanidade en Mauritania

artigo de listas da Wikimedia
Patrimonio da Humanidade en Mauritania está situado en Mauritania
Ouadane
Chinguetti
Tichitt
Oualata
Localización dos sitios de Mauritania na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Mauritania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Mauritania ratificou a convención o 2 de marzo de 1981, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Mauritania
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
NomeImaxeLocalizaciónAno da inclusiónDatos da UNESCO
01Parque Nacional do Banco de Arguin Rexión de Dakhlet Nouadhibou1989506; ix, x (natural)
02Antigos ksour de Ouadane, Chinguetti, Tichitt e Oualata Rexión de Tillabéri1996750; iii, iv, v (cultural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos