Patrimonio da Humanidade en Galicia

Localización dos sitios de Galicia na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Galicia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. España ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 4 de maio de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

O primeiro sitio en Galicia que se inscribiu foi a Cidade vella de Santiago de Compostela, que foi inscrita na 9ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 1985.[4] Os seguintes lugares que foron incluídos entre o Patrimonio da Humanidade foron o Camiño de Santiago (1993), compartido con outras rexións europeas,[5] a Muralla de Lugo (2000)[6] e a Torre de Hércules (2009).[7] Os catro sitios son culturais.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: das provincias de Galicia
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[8]

     * Lugar transnacional

NomeImaxeLocalizaciónAno da inclusiónDatos da UNESCODescriciónRef
01Cidade vella de Santiago de Compostela Santiago de Compostela1985347; ; I, II, VI (cultural)A catedral de Santiago de Compostela é o probable lugar de enterramento do apóstolo Santiago, e é o termo do Camiño de Santiago, unha peregrinación polo norte de España. A cidade foi destruída polos mouros no século X e reconstruída no século seguinte.[9]
02Camiño de Santiago: Camiño Francés e rutas do norte. Aragón, Castela e León, Galicia, Navarra, Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa1993669; II, IV, VI (cultural)O Camiño de Santiago, é unha peregrinación desde a fronteira franco-española ata a catedral de Santiago de Compostela, onde crese que esta enterrado o apóstolo Santiago. En 2015 ampliouse o sitio coas rutas do norte (Camiño Primitivo e Camiño do Norte).[10][11]
03Muralla romana de Lugo Lugo2000987; IV (cultural)As murallas construídas para protexer a cidade romana de Lugo no século III mantéñanse totalmente intactas e son o mellor exemplo que queda en Europa occidental.[12]
04Torre de Hércules A Coruña20091312; III (cultural)Os romanos construíron este faro de 55 m de altura sobre unha rocha de 57 m para marcar a entrada do porto da Coruña. É o único faro romano totalmente conservado e funcionando.[13]

Lista de candidatos

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de candidaturas que se poderían considerar para o nomeamento. Os nomeamentos para a lista do patrimonio mundial acéptanse soamente se o sitio foi previamente mencionados na lista de candidatos. Os lugares de Galicia rexistrados como candidatos xunto co ano en que foron incluídos na lista provisional son:[14]

  1. A Ribeira Sacra, Lugo e Ourense (1996)
  2. Ancares - Somiedo (2007)
  3. Patrimonio histórico do Ferrol da ilustración (2007)
  4. Parque Nacional das Illas Atlánticas (2018)
  5. Grupo de edificios mozárabes na Península Ibérica (2019; inclúe a capela de San Miguel de Celanova)[15]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos