Pasífae (lúa)

Pasífae (ou en grego Πασιφάη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta no ano 1908 por Philibert Jacques Melotte[4][5] e recibiría máis tarde o nome mitolóxico de Pasífae. Na mitoloxía grega, Pasífae era a muller de Minos e nai do Minotauro.

Pasífae
Descubrimento
Descuberta porP. J. Melotte
Descuberta no27 de xaneiro de 1908
Designación alternativaXúpiter VIII
Características orbitais
Raio orbital medio24.094.770 km[1]
Periapse16.980.250 km[1]
Apoapse31.209.300 km[1]
Excentricidade0,2953[1]
Período orbital764,082032 d (2,092 a)[1]
Inclinación145,24° (respecto da eclíptica)
143,04° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1]
Velocidade orbital2,242 km/s
Satélite deXúpiter
Características físicas
Raio medio30 km[2]
18? km[3]
Área superficial~11.300 km²
Volume~113.000 km3
Masa~3,0 x 1017 kg
Densidade media2,6 g/cm3 asumida[2]
Gravidade superficial~0,022 m/s2 (0,002 g)
Velocidade de escape~0,036 km/s
Albedo0,04 (asumido)[2]
0,10[3]
Temperatura~124 K

Foi vista por primeira vez nunha placa tomada no Royal Greenwich Observatory, na noite do 28 de febreiro de 1908. Na inspección de placas previas, sería detectada a lúa nunha placa tomada o 27 de xaneiro. Recibiu a designación provisional 1908 CJ, ó principio non estaba moi claro se era unha lúa de Xúpiter ou un asteroide. A confirmación de que era unha lúa de Xúpiter chegaría o 10 de abril.[6] Pasífae non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975;[7], antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter VIII. Foi chamada ás veces "Poseidón"[8] entre os anos 1955 a 1975.

Órbita

Satélites irregulares retrógrados de Xúpiter.

Pasífae órbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Esta lúa dálle o seu nome ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de quilómetros, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.[9] Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Pasífae. O diagrama ilustra a órbita de Pasífae en relación a outros satélites irregulares retrógrados de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.

Pasífae tamén é moi coñecida por estar nunha resonancia orbital secular con Xúpiter (facendo coincidir a lonxitude da súa periapse coa lonxitude do perihelio de Xúpiter).[10]

Características físicas

Cun diámetro estimado de 58 km, Pasífae é a lúa retrógrada irregular máis grande de Xúpiter e a terceira máis grande entre tódalas lúas irregulares de Xúpiter, só por detrás das lúas Himalia e Elara.

As medicións espectroscópicas no infravermello indican que Pasífae ten un espectro semellante ós dalgún dos tipos de asteroides existentes, o cal fai sospeitar dunha posible orixe asteroidal. De feito pénsase que esta lúa podería se-lo fragmento dun asteroide capturado, así coma as outras lúas do grupo de satélites Pasífae.[11][12]

No espectro visible, Pasífae aparece gris (índices de cor B-V=0.74 V-R=0.38), de xeito semellante ós asteroides tipo C.[13]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas