Parafilia

patrón de comportamento sexual

Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual.[1] Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual. Hoxe moitos autores consideran que as parafilias son parte das chamadas "novas adiccións", e polo tanto equivalentes a outras condutas derivadas dos trastornos no control dos impulsos.[2]

Etimoloxía

A palabra parafilia ten orixe grega. Componse de dous radicais: παρά, pará (á marxe de) e φιλία, filía (amor).

Características

Sen afectar á resposta sexual, o desarreglo parafílico constitúese como unha desviación na elección e na realización coa parella, o escenario ou as circunstancias. Normalmente as fantasías parafílicas preséntanse durante a masturbación ou o coito como medio para acadar o orgasmo. Para o parafílico verdadeiro as súas prácticas son indispensables e iso provócalle conflitos coa súa parella, cos demais e consigo mesmo porque van contra a vontade do outro e como consecuencia poden provocar diversas disfuncións sexuais. Segundo o DSM-IV, as parafilias causan un malestar ou unha deterioración clinicamente significativos no funcionamento social, o laboral ou noutras áreas importantes. As súas características esenciais, segundo o devandito manual, son intensos e recorrentes impulsos sexuais, condutas ou fantasías sexualmente activadoras que inclúen, xeralmente, obxectos non humanos, o sufrimento ou a humillación do suxeito ou da parella, ou nenos ou outras persoas que non consenten. O DSM-IV inclúe oito parafilias específicas (exhibicionismo, fetichismo, froteurismo, paidofilia, sadismo e masoquismo, fetichismo travestista e voyeurismo) e outras parafilias non especificadas.[3]

Estatísticamente, as parafilias máis frecuentes son a paidofilia, o voyeurismo e o exhibicionismo.

Visión científica

Comportamento parafílico.

Orixe

No tocante á orixe das parafilias, non se puido demostrar a existencia de ningunha alteración orgánica ou psicolóxica que as explique.[4] Dende o punto de vista biolóxico, tense falado da existencia de niveis moi elevados de andróxenos mentres que outros suxeriron a relación entre as parafilias e alteracións no lóbulo temporal do cerebro. Nunha perspectiva psicolóxica, a teoría da aprendizaxe propón que estas condutas se establecen porque foron reforzadas nun momento dado (xeralmente na puberdade) e pola súa repetición en fantasías sexuais e masturbación. Segundo a escola psicanalítica, algunhas delas serían o resultado do complexo de castración na fase edípica. Outros enfoques presentan as parafilias como o resultado da falta de habilidades sociais e de asertividade.[5]

Interpretación patolóxica

As parafilias case nunca se presentan nas mulleres e a súa frecuencia descoñécese porque en poucas ocasións o suxeito busca axuda. Isto e así porque o suxeito non percibe a súa conduta como algo anormal, aínda cando esta o incapacita para formar un vínculo sexual satisfactorio e ata lle provoca problemas de tipo legal nalgúns casos. As parafilias preséntanse soas, como conduta única, ou ben asociadas a diversos trastornos, tales como a esquizofrenia, personalidade antisocial, toxicomanía e outras alteracións mentais, ou baixo un período de estrés.[1]

A tónica máis habitual no ámbito científico é a de tender a someter o parafílico a terapias encamiñadas a corrixir a súa conduta. Os tratamentos experimentados ata hoxe adoitan ser contrarios á vontade do parafílico e, ademais, non acadan resultados positivos. Ata agora intentáronse procedementos de tipo orgánico, psicolóxico ou mixtos. Empréganse substancias antiandroxénicas que viñeron substituír os estróxenos, e tamén úsase, sobre todo en Europa, a coñecida como castración química, pouco efectiva e impredicible. Estes tratamentos con frecuencia presentan problemas médicos, polos efectos secundarios que provocan, pero tamén problemas de tipo ético e legal, ao seren administrados contra a vontade do paciente. Entre os enfoques psicolóxicos os máis empregados son os derivados da teoría da aprendizaxe, en detrimento das técnicas aversivas.[5]

Cuestionamento da normalidade

O termo parafilia refírese ao amor paralelo á forma convencional. O sexo convencional é heterosexual, coital, con finalidade declarada procreativa e efectuado en decúbito prono polo home e supino pola muller. Esta normalidade nominal entra en contradición coa riquísima diversidade sexual posta de manifesto polos estudos levados a cabo por Alfred Kinsey en 1948. Deste xeito o patrón de normalidade ven sufrindo cambios manifestos nas últimas décadas. Pomeroy definiu cinco criterios para identificar unha conduta sexual como parafílica: estatstico, filoxenético, moral, social e legal. López-Ibor reduce estas condicións a tres: dano a outros, dano a un mesmo e caract er obsesivo da conduta. Estas características están recollidas polo manual DSM-IV, pero a súa laxitude está cuestionada por permitir identificar como parafilia comportamentos como a coitofilia, entendida como sexo heterosexual convencional. Albert Ellis defende que toda conduta normal pode chegar a ser perversa.[2]

Mesmo a definición que fai o DSM-IV das parafilias toma como centro o comportamento sexual normal. Isto fai depender o concepto de parafilia do eido cultural e do momento histórico. Algúns sexólogos defenden que aqueles comportamentos sexuais que se dan entre persoas adultas, de mutuo acordo e que non producen danos graves nin escándalo público deberían recibir o nome de inadecuacións sexuais. Isto provén do feito de que non sempre as parafilias provocan conflitos ás persoas que as experimentan. A modo de exemplo, no pasado prácticas como a masturbación, a homosexualidade, a xerontofilia, o sexo anal ou oral, a pornografía e a prostitución eran consideradas parafilias.[2]

Catálogo de parafilias

Dentro do grupo de parafilias non especificadas polo DSM-IV, hai máis de 300 descritas polos diferentes autores, algunhas delas absolutamente insólitas. A seguinte é unha listaxe non exhaustiva delas cunha breve descrición.[2][6]

NomeOrixe
AbasiofiliaPersoas discapacitadas.
AcomoclitismoXenitais depilados.
AcrofiliaParellas de talle alto.
AcrotomofiliaParellas amputadas.
ActirastiaExposición aos raios ou á calor do sol.
AgalmatofiliaEstatuas e manequíns espidos.
AgonofiliaLoita coa parella.
AgorafiliaPráctica de sexo en lugares públicos.
AgrexofiliaQue a actividade sexual sexa oída ou vista por terceiros.
AlbutofiliaBaños, duchas e, en xeral, o contacto coa auga.
AliphineurUso de loción.
AloerastiaExcitación da parella coa nudez dun terceiro.
AlopeliaVer a outros tendo sexo.
AlorgasmiaFantasiar durante o sexo.
AlotriorastiaParellas doutras razas.
AltocalcifiliaZapatos de tacón alto.
AlveofiliaTer sexo nunha bañeira.
AlvinolagniaO estómago da parella.
AmatripsisMasturbación realizada fregando entre si os labios da vulva.
AmaurofiliaPersoas invidentes ou cos ollos vendados.
AmelotasisPersoas con algún membro amputado.
AmiquesisRascar a parella durante o sexo.
AmokoscisiaDesexo de reprimir á parella.
AmomaxiaTer sexo dentro dun automóbil estacionado.
AnastimafiliaPersoas de altura diferente da propia.
AnalismoRexión ano-rectal.
AndroxinofiliaPersoas andróxinas.
AndroidismoBonecos ou robots con aspecto humano.
AnisonogamiaParella de idade marcadamente distinta.
AnofelorastiaProfanar obxectos considerados sagrados.
AnofilemiaSexo oral sobre o ano e o perineo.
AnomeatiaPenetración anal cunha parella feminina.
AntolagniaUlir flores.
ApotemnofiliaA idea de ser amputado.
AracnofiliaAtracción polas arañas.
ArsometríaSexo anal.
AstenolagniaHumildade, humillación ou febleza sexual da parella.
AsfixiofiliaEstrangular, asfixiar ou afogar a parella durante o sexo.
AudiolagniaO estímulo principal provén da escoita.
AutagonistofiliaSer visto por outras persoas durante o sexo.
AutoabasiofiliaFantasía de converterse en coxo.
AutoasasinofiliaFantasía de ser asasinado ou de escenificar a propia morte.
AutoasfixiofiliaSer asfixiado durante a masturbación ou o sexo.
AutomisofiliaSer degradado, ensuciado ou corrompido.
AutonepiofiliaUtilizar cueiros e ser tratado como un bebé.
AutopederastiaPenetrar co seu pene o seu propio ano.
AutoungulafiliaRascarse os xenitais.
AxilismoMasturbación dentro da axila da parella.
BarosmiaOlfacto.
BasoexiaBicos.
BelonefiliaUso de agullas.
BiandriaSexo entre unha muller e dous homes.
BiastofiliaAsaltar violentamente a alguén contra a súa vontade.
BlastolagniaMulleres moi novas.
BondagePráctica na que un dos participantes permanece atado.
BotulinoniaUso dun embutido como consolador.
BouxinoniaUso dun consolador para estirar a vaxina.
BraquioprosisPenetrar co brazo o ano da parella.
CandalagniaVer a parella ter sexo cun terceiro.
CapnolagniaVer a outra persoa fumar.
CatafiliaSubmisión do home á súa parella.
CateterofiliaUso dalgún tipo de catéter.
ChezolagniaMasturbarse durante a defecación.
Choiva douradaOuriñar sobre a parella.
Chubby chaserA gordura da parella.
CinofiliaSexo cun can.
CiprieuniaSexo con prostitutas.
ClastomaníaRachar as roupas coas que viste a parella.
CleptolagniaRoubar.
ClismafiliaInxectar líquido na cavidade anal; inclúe o uso de enemas.
CoitobalnismoSexo nunha bañeira.
ConsuerofiliaCoserse zonas da pel.
CoprofemiaDicir obscenidades en público.
CoprofiliaFeces.
CoprolaliaUso de malas palabras.
CorefalismoSexo anal con nenas.
CoreofiliaBaile erótico.
CratolagniaA forza da parella.
CrematistofiliaPagar por sexo ou ser roubado pola parella.
CriptoscopofiliaVer a conduta privada doutras persoas na súa casa.
CrurofiliaPernas.
CronofiliaInadecuación entre a idade do suxeito e a da súa parella.
CunilaliaFalar dos xenitais femininos.
CyesolagniaMulleres embarazadas.
DacrifiliaBágoas ou pranto.
DendrofiliaTer sexo contra unha árbore.
DipoldismoAzoutar nas nádegas a un cativo.
DismorfofiliaPersoas deformes.
DorafiliaPel humana ou de animais.
Ducha romanaVomitar sobre a parella, xeralmente tras beber viño ou ouriños.
EcdemolagniaViaxar ou estar lonxe da casa.
EcdioseEspirse diante de descoñecidos.
EcouterismoEscoitar sen consentimento a outros tendo sexo.
EfebofiliaAdolescentes homes.
ElefiliaTecidos.
ElectrofiliaEmprego de choques eléctricos.
EmetofiliaVomitar.
EnditofiliaParella vestida.
EonismoTravestirse.
ErotofonofiliaChamadas telefónicas con linguaxe erótica.
ErotolaliaFalar de sexo.
EscatofonofiliaChamadas telefónicas a estraños con linguaxe obscena.
EscopofiliaOllar a outras persoas abertamente.
EspectrofiliaDesexo de practicar sexo con espíritos, ou a propia imaxe nun espello.
EstigmatofiliaTatuaxes, piercings ou cicatrices.
ExhibicionismoExposición do propio corpo espido.
ExofiliaO infrecuente ou estraño.
FalofiliaOs penes, especialmente os grandes.
FelchingRecoller o esperma da vaxina ou do ano; inserir animais neles.
FetichismoUso de obxectos ou partes do corpo que representan o obxecto de desexo.
FistingPenetrar co puño anal ou vaxinalmente.
FlatofiliaCheiro dos gases intestinais da parella.
FormicofiliaInsectos ou outros animais pequenos movéndose sobre os xenitais.
FroteurismoFregar os xenitais contra descoñecidos en lugares conxestionados.
FurtlingMeter un dedo por un burato feito na zona xenital dunha foto.
GomfipotismoDentes.
GrafolagniaFotos ou cadros eróticos.
GraofiliaMulleres moito maiores.
GregomulciaSer tocado por outra persoa.
HebefiliaNenas púberes.
HemotigolagniaTampóns usados.
HibristofiliaFantasiar ou simular unha violación.
HierofiliaObxectos sagrados.
HifefiliaPosesión dalgún obxecto alleo: roupa, cabelos, pel etc.
HigrofiliaFluídos corporais.
HirsutofiliaPelo corporal.
HomiliofiliaPredicar unha relixión a persoas crédulas.
IatronudiaEspirse diante do médico.
InfantilismoImitar a un neno.
Insuflación eróticaSoprar aire dentro da vaxina, o ano ou a uretra.
KrismolagniaCóxegas.
LactafiliaOs peitos en período de lactación.
LeptosadismoForma lene de sadismo.
LectolagniaLectura de textos eróticos.
MacrofiliaPersoas grandes ou grosas.
MacroxenitalismoPenes moi grandes.
MaieusiofiliaMulleres embarazadas.
MartimacliaSexo grupal.
MasoquismoA propia humillación moral ou sufrimento físico.
MatrilagniaSexo incestuoso entre a nai e o seu fillo ou filla.
MatronolagniaParella muller moito maior.
MelolagniaMúsica.
MenstruofiliaMulleres menstruantes.
MerintofiliaEstar atado.
MicrofiliaPersoas pequenas ou ananas.
MicroxenitalismoPenes moi pequenos.
MiscexenaciónSexo entre persoas de distinta raza.
MisofiliaRoupa sucia e obxectos noxentos.
MorfofiliaPersoas concertas características físicas (delgados, roxos, novos...).
MoriafiliaChistes sexuais.
NafefiliaTocar ou ser tocado.
NanofiliaPersoas pequenas.
NarcisismoA propia persoa.
NarratofiliaNarración erótica.
NecrocleseCadáveres femininos.
NecrofiliaCadáveres.
NepiofiliaOs cativos do sexo oposto.
NepirastiaErguer un bebé.
NinfofiliaAdolescentes femias.
NormofiliaActos considerados normais pola sociedade e a relixión.
NosolagniaDoenza terminal da parella.
OclofiliaMultitudes.
OfidiofiliaSerpes.
OmolagniaNudez.
OlfactofiliaCheiro da transpiración, especialmente dos xenitais.
OzolagniaCheiros fortes.
ParcialismoUnha soa parte do corpo da parella.
PartenofiliaMulleres virxes.
PatrilagniaSexo incestuoso entre pai e fillo ou filla.
PederastiaNenos.
PediofiliaBonecas.
PeodeictofiliaExhibición do pene.
PicacismoInserción de alimentos nas cavidades do corpo para que a parella as recupere coa boca.
PigofiliaContacto coas nádegas.
PigotripseRozar ou masaxear as nádegas.
PodafiliaPés humanos.
PsicrofiliaO frío.
PubefiliaPelo pubiano.
PungofiliaRoupa sucia e obxectos noxentos.
QuinunolagniaSituacións de perigo.
RabdofiliaSer castigado ou flaxelado.
RenifleurismoCheiro dos ouriños.
RetifismoFetiche cos zapatos.
SadismoProvocar dor física ou humillación á parella.
SalirofiliaInxestión de saliva ou suor.
Sexo interxeneracionalRelacións entre persoas que se levan polo menos o dobre de idade.
SinforofiliaProvocar un accidente.
SomnofiliaRealizar sexo oral a unha persoa durmida ata despertala.
SucusturpaciónMasturbación a través da succión dos propios seos.
SudorofiliaSuor da parella.
TafefiliaSer enterrado vivo.
TelefonofiliaManter conversacións telefónicas.
TesauromaníaGardar obxectos que pertencen á parella.
ThlipsosisBeliscos.
ToucheirsmoTocar unha persoa descoñecida.
TragolimiaDesexo sexual compulsivo independente do atractivo da parella.
TravestismoVestir roupas do sexo oposto.
TripsofiliaSer masaxeado ou facerse lavar o cabelo.
UretralismoInserción de obxectos pola uretra.
UrofiliaUso do ouriños durante a práctica sexual (chuvia dourada).
VampirismoExtracción de sangue.
VincilagniaFacerse atar.
VoyeurismoVer outras persoas practicando sexo, de forma non aberta.
XerontofiliaHomes moito maiores.
XimnofiliaNudez.
XinemimetonofiliaHomes travestidos.
XinonudomaníaArrincarlle as roupas á parella.
XuvenilismoImitar a un adolescente.
ZoofiliaAnimais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos