Papuxa picafollas

Papuxa picafollas
Papuxa apardazada
Sylvia borin

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Xénero:Sylvia
Especie:S. borin
Nome binomial
Sylvia borin
(Boddaert, 1783)
Sinonimia
  • Motacilla borin Boddaert, 1783
    (protónimo)

A papuxa picafollas ou papuxa apardazada (Sylvia borin) é unha ave paseriforme da familia dos sílvidos.

Cuculus canorus canorus + Sylvia borin borin

Morfoloxía e Hábitos

A Papuxa picafollas ten unha lonxitude duns 14 cm e pesa uns 20 gramos. O corpo enteiro é de cor parda oliva exceptuando a parte inferior máis clara. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.Habita en bosques mixtos, xardíns e parques. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.

Reprodución

A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 5 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 13-14 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.

Distribución

Común en toda Europa, exceptuando o extremo Siberiano e o sur das penínsulas Ibérica, Itálica e Helénica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).