Pancrustáceos

Pancrustáceos
Pancrustacea

Abella común (Apis mellifera)
Clasificación científica
Superreino:Eukaryota
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa

Bilateria
Protostomia

Superfilo:Ecdysozoa
Filo:Arthropoda
(sen clasif.):Pancrustacea
Zrzavý & Štys, 1997
Subfilos

O dos pancrustáceos (Pancrustacea) é un taxon (clado) proposto para comprender todos os crustáceos e os hexápodos.

Esta agrupación é contraria á hipótese dos atelocerados, na que os miriápodos e os hexápodos son un clado, e os crustáceos están máis afastados filoxenericamente deles.

O taxon monofilético dos pancrustáceos está apoiado por numerosos estudos moleculares, nos que os crustáceos anteceden a un grupo parafilético cos insectos (o que significa que os insectos derivaron de antepasados crustáceos).[1][2][3][4]

A partir de 2010, o taxon Pancrustacea considérase aceptado pola comunidade científica.[5]

Etimoloxía

O termo Pancrustacea está formado polo elemento do latín científico pan-, calco do grego antigo παν- pan-, derivado de πᾶς πᾶσα πᾶν pãs, pãsa, pãn, "todo", e do nome Crustacea, derivado do latín crusta, "o que envolve ou recobre", "codia", "cotra", "costra, "carapola", que designa clasicamente unha clase de artrópodos, xeralmente acuáticos, nos que a casca está constituída por quitina impregnada de sales cálcicos.

Sinónimo

O clado tamén foi sido chamado Tetraconata Dohle, 2001, en referencia ao cadrado de omatidios que presentan moitos dos seus membros.[6] Este nome é preferido por algúns científicos para evitarmos a confusión co uso de pan- para indicar un clado que inclúe a un grupo de cabeza e a todos os representantes dos grupos da súa estripe ou descendencia.[7]

Filoxenia

Segundo Omar Rota-Stabelli et al. (2011), a posición dos pancrustáceos, dentro do clado dos euartrópodos (Euarthropoda), é a seguinte:[5]

Euarthropoda
.

Chelicerata

Mandibulata
.

Myriapoda

Pancrustacea
.

Hexapoda

.

Crustacea

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas