Panchen Lama

O Panchen Lama ((en tibetano), chinés simplificado: 班禪喇嘛 chinés tradicional: 班禅喇嘛), ou Panchen Erdeni ((en tibetano); chinés simplificado: 班禪額爾德尼; chinés tradicional: 班禅额尔德尼), é o maior título Lama por detrás do Dalai Lama na liñaxe Gelugpa (Dge-lugs-pa) do budismo tibetano (esta liñaxe controlou o oeste do Tíbet dende o século XVI ata a Rebelión Tibetana de 1959). A presente encarnación do Panchen Lama (o 11º) é motivo de controversia: a República Popular da China afirma que é Gyancain Norbu, mentres que o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, afirmou o 14 de maio de 1995 que o auténtico 11º Panchen Lama era Gedhun Choekyi Nyima. Este último está permanece desaparecido dende pouco despois do seu nomeamento aos seis anos de idade. As autoridades chinesas declararon que Gendhun fora posto baixo custodia daqueles que o querían levar ao exilio, e actualmente se atopa en cauteverio en contra dos desexos do tibetano.[1] Os tibetanos e grupos a favor dos dereitos humanos continúan a facer campaña pola súa liberación.[2]

O Mosteiro Tashilhunpo, residencia tradicional do Panchen Lama.

Historia

Os sucesivos Panchen Lama forman parte dunha liñaxe de reencarnacións tulku que se di que son encarnacións do Buda Amitabha. O título, que significa Gran Erudito, é unha contración tibetana do sánscrito paṇḍita (erudito) e do tibetano chenpo (gran). O Panchen Lama vive tradicionalmente no Mosteiro Tashilhunpo (Teshu-lumbo) en Shigatse. Polo nome deste mosteiro, os europeos referíronse ao Pancen Lama como o Tashi-Lama (ou escrito Tesho-Lama ou Teshu-Lama).[3][4][5]

O recoñecemento do Panchen Lama sempre foi un asunto relacionado co Dalai Lama.[6][7] O mesmo 10º Panchen Lama declarou, como se cita nunha conté oficial chinesa que "de acordo coa tradición tibetana, a confirmación tanto do Dalai como do Panchen debe ser recoñecida mutuamente".[8] A participación da China neste asunto é vista por algúns como unha manobra política para tentar coller o control sobre o recoñecemento do seguinte Dalai Lama, e reforzar o seu control sobre o futuro do Tíbet e o seu goberno. China asegura con todo que a súa participación non rompe coa tradición na que a decisión final sobre o recoñecemento tanto do Dalai Lama como do Panchen Lama estaba nas mans do emperador da China. Por exemplo, despois de 1792, pensouse que a furna dousada fora empregada para a selección do 10º, 11º e 12º Dalai Lama;[9] mais o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, declarou máis Recentemente que só foi empregada na selección do 11º.[10] Houbo controversia entre o goberno do Tíbet e os seguidores de Chökyi Gyaltsen durante a elección do 10º Panchen Lama.

Ma Bufang favoreceu ao 10º Panchen Lama, e á Seita Lamaísta Vermella fronte ao Dalai Lama. Qinghai serviu como "santuario" para os membros da Seita Vermella, e Ma Bufang permitiulle ao Mosteiro Kumbum ser totalmente autogobernado polo Panchen Lama.[11] O 10º Panchen Lama, que foi exiliado do Tíbet polo goberno do Dalai Lama, quería vingarse levando un exército contra o Tíbet en setembro de 1949, para o que pediu axuda a Ma Bufang.[12] Ma cooperou co Panchen Lama en contra do réxime do Dalai Lama no Tíbet. O Panchen Lama ficou en Qinghai. Ma tentou persuadir ao Panchen Lama para ir co goberno de Kuomintang a Taiwán cando a vitoria comunista se acercou, mais o Panchen Lama decidiu desertar aos comunistas no seu lugar. O Panchen Lama, ao contrario do Dalai Lama, tratou de exercer control na toma de decisións.[13][14]

Liñaxe

Na liñaxe dos Panchen Lama tibetanos non se consideran catro reencarnacións indias e tres tibetanas do Buda Amitabha anteriores a Khedrup Gelek Pelzang, que é recoñecido como o primeiro Panchen Lama. A liñaxe comezou con Subhuti, un dos discípulos orixinais de Siddhartha Gautama. Gö Lotsawa é considerado primeira encarnación tibetana do Buda Amitabha nesta liña.[15][16]

Importancia política

As figuras monásticas teñen mantido historicamente papeis importantes na composición social e política do Tíbet, e aínda que eses papeis teñen diminuído dende 1959, moitos tibetanos continúan a ver ao Panchen Lama como unha figura política significativa, así como espiritual debido ao papel que xoga tradicionalmente na selección do seguinte Dalai Lama. A importancia política do papel é tamén empregada polo Estado chinés.[17] Algúns grupos de apoio tibetano teñen argumentado que o goberno chinés pretende instalar a súa propia elección do Dalai Lama cando Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, morra e que por esta razón o elixido do Dalai Lama, Gedhun Choekyi Nyima, desapareceu aos seis anos de idade, sendo substituído polo elixido do Estado chinés, Gyancain Norbu. Se esta táctica é correcta, o anuncio feito polo Dalai Lama o 10 de marzo de 2011 de que deixará o seu papel político[18] podería dar lugar a un cambio na política con respecto aos dous candidatos en disputa.

Lista de Panchen Lama

NomeImaxeVidaTibetano/WylieTranscrición PRCOutras transliteracións
1Khedrup Je 1385–1438[19]མཁས་གྲུབ་རྗེ།
Mkhas-grub Rje,་
མཁས་གྲུབ་དགེ་ལེགས་དཔལ་བཟང་པོ།
Mkhas-grub Dge-legs Dpal-bzang-po
Kaichub Gêlêg BaisangboKhädrup Je, Khedrup Gelek Pelsang, Kedrup Geleg Pelzang, Khedup Gelek Palsang, Khedrup Gelek Pal Sangpo
2Sönam Choklang 1438–1505[19]བསོད་ནམས་ཕྱོགས་ཀྱི་གླང་པོ།
Bsod-nams Phyogs-glang,་
བསོད་ནམས་ཕྱོགས་ཀྱི་གླང་པོ་
Bsod-nams Phyogs-kyi Glang-po
Soinam Qoilang,
Soinam Qoigyi Langbo
Sonam Choglang, Soenam Choklang
3Ensapa Lobsang Döndrup 1505–1568[19]དབེན་ས་པ་བློ་བཟང་དོན་གྲུབ།
Dben-sa-pa Blo-bzang Don-grub
Wênsaba Lobsang ToinchubGyalwa Ensapa, Ensapa Lozang Döndrup, Ensapa Losang Dhodrub
4Lobsang Chökyi Gyalsten 1570–1662བློ་བཟང་ཆོས་ཀྱི་རྒྱལ་མཚན།
Blo-bzang Chos-kyi Rgyal-mtshan
Lobsang Qoigyi GyaicainLosang Chökyi Gyältsän, Lozang Chökyi Gyeltsen, Lobsang Chökyi Gyaltsen, Lobsang Choekyi Gyaltsen, Lobsang Choegyal, Losang Chögyan
5Lobsang Yeshe 1663–1737བློ་བཟང་ཡེ་ཤེས།
Blo-bzang Ye-shes
Lobsang YêxêLobsang Yeshi, Losang Yeshe
6Lobsang Palden Yeshe 1738–1780བློ་བཟང་དཔལ་ལྡན་ཡེ་ཤེས།
Blo-bzang Dpal-ldan Ye-shes
Lobsang Baidain YêxêPalden Yeshe, Palden Yeshi
7Palden Tenpai Nyima1782–1853དཔལ་ལྡན་བསྟན་པའི་ཉི་མ།
Dpal-ldan Bstan-pa'i Nyi-ma
Dainbai NyimaTänpä Nyima, Tenpé Nyima, Tempai Nyima, Tenpey Nyima
8Tenpai Wangchuk1855?–1882བསྟན་པའི་དབང་ཕྱུག
Bstan-pa'i Dbang-phyug
Dainbai WangqugTänpä Wangchug, Tenpé Wangchuk, Tempai Wangchuk, Tenpey Wangchuk
9Thubten Chökyi Nyima 1883–1937ཐུབ་བསྟན་ཆོས་ཀྱི་ཉི་མ།
Thub-bstan Chos-kyi Nyi-ma
Tubdain Qoigyi NyimaChoekyi Nyima, Thubtän Chökyi Nyima
10Lobsang Trinley Lhündrub Chökyi Gyaltsen 1938–1989བློ་བཟང་ཕྲིན་ལས་ལྷུན་གྲུབ་
ཆོས་ཀྱི་རྒྱལ་མཚན།

Blo-bzang Phrin-las Lhun-grub Chos-kyi Rgyal-mtshan
Lobsang Chinlai Lhünchub Qoigyi GyaicainChoekyi Gyaltsen, Chökyi Gyeltsen, Choekyi Gyaltse, Trinley Choekyi Gyaltsen, Lozang Trinlä Lhündrup Chökyi Gyältsän
11Gedhun Choekyi Nyima[20]1989–དགེ་འདུན་ཆོས་ཀྱི་ཉི་མ།
Dge-'dun Chos-kyi Nyi-ma
Gêdün Qoigyi NyimaGendün Chökyi Nyima, Gendhun Choekyi Nyima
Gyancain Norbu[20]1990–ཆོས་ཀྱི་རྒྱལ་པོ།
Chos-kyi Rgyal-po
Gyaincain NorbuChoekyi Gyalpo, Chökyi Gyälbo, Gyaincain Norbu, Gyaltsen Norbu, Qoigyijabu

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Historia do Tíbet
  • Sakya Pandita
  • Free Tibet

Bibliografía

  • Goldstein, Melvyn C. A History of Modern Tibet, 1913-1951: The Demise of the Lamaist State (1989) University of California Press. ISBN 978-0-520-06140-8
  • Goldstein, Melvyn C. The Snow Lion and the Dragon: China, Tibet, and the Dalai Lama (1997) University of California Press. ISBN 0-520-21951-1
  • Kapstein, Matthew T. (2006). The Tibetans. Blackwell Publishing. Oxford, U.K. ISBN 978-0-631-22574-4.
  • Stein, Rolf Alfred. Tibetan Civilization (1972) Stanford University Press. ISBN 0-8047-0901-7

Ligazóns externas