Pío Moa Rodríguez
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
(2010) ![]() | |
Nome orixinal | (es) Pío Moa ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Luis Pío Moa Rodríguez ![]() 1948 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , historiador , analista político , escritor , novelista ![]() |
Interesado en | Historia de España ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Participou en | |
14 de marzo de 2018 | Manifesto pola Historia e a Liberdade |
19 de xuño de 2002 | Manifesto contra a morte do espírito e da terra ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Pío Moa Banga ![]() |
![]() ![]() |
Luis Pío Moa Rodríguez, nado en Vigo en 1948, é un xornalista e escritor galego. A súa obra, centrada en temas relacionados coa Segunda República e a guerra civil española, ten sido acusada de exaltación do franquismo.[Cómpre referencia]
Fillo do esperantista vigués Pío Moa Banga, foi dirixente do PCE-Reconstituído e fundador do grupo terrorista GRAPO. En 1975 participou no asasinato dun policía[1] e en 1977 no secuestro do xeneral Emilio Villaescusa, daquela presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar,[2] delitos polos cales nunca foi encarcerado.
A súa obra céntrase en temas relacionados coa Segunda República e a Guerra Civil Española, malia non ter ningunha titulación académica oficial en Historia.[3][4] Ten sido acusado de facer declaracións homófobas,[5][6][7] de exaltación do franquismo[8][9][10] e difamatorias contra persoeiros, partidos e institucións democráticas, así como de reclamar a actuación da policía contra os manifestantes.[11][12][13][14]
«el franquismo no destruyó a la democracia, sino a la revolución del Frente Popular. Libró a España de la II Guerra Mundial y de una nueva guerra civil, y dejó un país próspero y reconciliado, libre de los odios que acabaron con la II República»; «[los logros de Franco] lo convierten en el personaje político de mayor envergadura en la historia de España de los dos últimos siglos, en rivalidad, si acaso, con Cánovas».Declaracións para Libertad Digital.[15]