Os fillos da terra

Os fillos da terra (na versión orixinal Earth's Children) é o nome dunha hexaloxía, escrita pola escritora estadounidense Jean M. Auel e cuxo primeiro libro foi traducido ó galego por Xurxo Bértola.[1] Os feitos da historia acontecen en Europa, no Paleolítico, a mediados da Glaciación de Würm. A protagonista da serie é unha muller de Cro-Magnon chamada Ayla. A serie vendeu máis de 45 millóns de exemplares en todo o mundo.

Segundo declara Auel, ela estaba interesada en escribir un libro narrativo ambientado na prehistoria. Estaba interesada especialmente nunha época do plistoceno na que conviviron dúas especies humanas: os Homo sapiens e os Homo neanderthalensis. Aínda que ambos grupos habitaban ó longo todo o continente, durante a narración déixase entrever en varias ocasións que os Cro-Magnon estaban a desprazar pouco a pouco ós Neanderthal, que se dirixen lentamente cara á extinción.

Exemplares

A autora afirmou nunha entrevista concedida en Londres en 2011[2] que a saga remata con este sexto exemplar, aínda que non descarta seguir escribindo outras novelas ambientadas na mesma época, á marxe da serie.[3]

Adaptación cinematográfica

Desta saga fíxose en 1985 unha adaptación do primeiro dos seis libros, titulada The Clan of the Cave Bear, protagonizada por Daryl Hannah. O filme foi un fracaso comercial polo que se cancelou a produción dun segundo filme.

A autora das novelas, afirmou en varias entrevistas que no quedou contenta coa adaptación e que, polo momento, non tiña ningún interese en que a historia sexa levada de novo ó cine.[3]

Notas