Os Ingleses Rugby Club

equipo galego de rugby

Os Ingleses Rugby Club é un club de rugby de Vilagarcía de Arousa, fundado en 1988, que xoga os seus encontros como local no estadio de atletismo do Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa.

Os Ingleses RC
NomeOs Ingleses Rugby Club
Alcume(s)Ingleses
Fundación1988
SedeGalicia Vilagarcía de Arousa
Estadio(s)Estadio de Fontecarmoa
Capacidade200 espectadores
PresidenteIsabel Fernández
AdestradorJuan Miguel "Chamy" Doval
AnotadorAdrian Fernández (Gambita)
EnsaiosBiris
Liga(s)LGR1
2016-17
Casa
Fóra
Na rede
http://www.inglesesrugby.com/

Historia

O club naceu no verán de 1988 da man dun grupo de amigos capitaneados por Pablo García Giménez (tamén coñecido como "o Oso"), que se comezaron a reunir para xogar ao rugby (daquela pouco coñecido na cidade).

Logo de debater sobre o nome do club, chegouse á conclusión de que o nome sería “Os Ingleses Rugby Club”, nome polo cal se coñece aos habitantes de Vilagarcía en toda a ría de Arousa, xa que a principios do século XX, a Armada Inglesa tivo na cidade unha das súas paradas obrigadas, tanto técnicas como para abastecemento.

Os inicios foron difíciles debido á falta de instalacións e de coñecemento do deporte, mais as complicacións foron superadas.

Os primeiros partidos oficiais foron disputados na próxima localidade de Ponte Arnelas por falta de instalacións na cidade. Posteriormente, o Concello cedeulle o uso de instalaciones futbolísticas, coma o campo de Fontecarmoa e algúns partidos en campos como o do Estadio da Lomba ou en Vilaxoán. Dende hai uns anos o club conta con instalacións de adestramento e xogo.

Na tempada 2008-09 o equipo acadou o primeiro posto do Grupo A da Primeira División Nacional, mais non o ascenso na liguiña.

Palmarés

Os Ingleses gañou a Copa Xunta 2016. Na final bateu por 19-7 ó Pontevedra RC en Monte Porreiro.

Os éxitos deportivos máis salientables na historia do club son:

  • Primeira Nacional: 9 participacións (terceiro club galego con máis tempadas en categoría nacional)
  • 1º posto no Grupo A en 2008-09
  • Campión en 1996-97, 1997-98, 2013-14
  • Campión en 2015-16
Traxectoria do club en liga e copa
Categoría161514131211100908070605040302010099989796959493929190
Div.Honra
Div.Honra B
1ª Nacional10º
1ª Galega
2ª Galega
Copa Xunta
  • En gris, tempadas nas que a competición non se disputou.

Tempada actual

Táboa da LGR 2019-2020
PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonus
XogadosGañadosEmpatesDerrotasOfensivosDefensivos
1Ferrol60121200120
2Ingleses54121101100
3CRAT431290370
4Lalín411281361
5Pontevedra401290340
6Muralla311260652
7Vigo B291260650
8Mareantes221250720
9Zalaeta211241730
10Ourense B151230912
11Santiago1212201013
12Barbanza1012201002
13Fendetestas212001202

Presidentes

Dende a súa fundación en 1988 o club Ingleses tivo oito presidentes: Pablo García, Ju Santórum, Geni Prieto, Martín Vázquez, Chamy Doval, Boli López, Fito Brea e Isabel Fernández.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos