Omid

Omid foi un satélite artificial da Administración Nacional Espacial Iraniana lanzado o 2 de febreiro de 2009 mediante un foguete Safir 1 desde o centro de lanzamento de Semnan.[1][2][3]

Omid
Omid
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónAdministración Nacional Espacial Iraniana
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento2 de febreiro de 2009[1][4][5]
Foguete portadorSafir 1[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Semnan[1][2]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[1][2]
Decaemento25 de abril de 2009[4]
NSSDC ID2009-004A
Masa27 kg[3]

Características

Omid foi o primeiro satélite en ser construído e lanzado con éxito por Irán. Un lanzamento anterior dun satélite idéntico, o 17 de agosto de 2008, fracasou por un problema coa segunda etapa do foguete lanzador. Omid levaba a bordo instrumentos para estudar a contorna espacial e un receptor GPS para determinar a súa posición. Tiña unha masa de 27 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 245 km de perixeo e 378 km de apoxeo. Reentrou na atmosfera o 25 de abril de 2009.[1][2][3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos