Ola mundo

programa informático que simplemente imprime o texto «Ola mundo!» nun dispositivo de saída

Ola mundo é un programa informático que simplemente imprime o texto «Ola mundo!» nun dispositivo de saída, xeralmente un monitor. Habitualmente o programa úsase como introdución ao estudo dunha linguaxe de programación e constitúe un típico primeiro exercicio, fundamental dende o punto de vista didáctico.

Exemplo de Ola mundo en inglés, Hello, World, escrito en Perl e visualizado con GTK+ 2.

Nalgunhas linguaxes, configurar un conxunto de ferramentas básicas completo dende cero ata compilar e executar pequenos programas envolve unha cantidade de traballo substancial, e por isto polo que se usa como un programa moi simple para probar un novo conxunto de ferramentas.

Nos sistemas baseados en microcontroladores empregados para a aprendizaxe, denomínase Ola mundo ao programa que permite pór en modo intermitente un LED[1]. O programa consiste en mandar alternativamente un nivel alto e un baixo por un dos portos do sistema, dando a cada un valor de retardación.

Así en HTML5 o código sería:

<!DOCTYPE HTML>  <html>     <head>       <title>Ola mundo</title>     </head>     <body>       <header>Ola mundo!</header>       <nav></nav>       <section>        <article>        </article>       </section>       <footer>       </footer>     </body>   </html>

Notas