Ofidiformes

Os Ofidiformes (Ophidiiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Paracantopterixios (Paracanthopterygii). A orde inclúe especies mariñas, algunhas de augas profundas, como o peixe de hábitat máis profundo que se coñece, Abyssobrotula galatheae, atopado a 8.370 m na Foxa de Porto Rico.

Brotula multibarbata

Características

As aletas pelvianas, cando están presentes, insírense ó nivel do preopérculo ou mesmo por diante, e ás veces presentan unha espiña nelas. As aletas dorsal e anal son longas, achegándose á caudal e, usualmente, unidas a esta.

Clasificación

Divídese en días subordes con cinco familias:

  • Suborden Bythitoidei
    • Familia Aphyonidae
    • Familia Bythitidae
    • Familia Parabrotulidae (clasificada aquí con dúbidas)
  • Suborden Ophidioidei
    • Familia Carapidae
    • Familia Ophidiidae

Véxase tamén

Ligazóns externas