Ocludina

PDB, Estrutura do dominio superenrolado da ocludina humana (aa. 416-522)
Ocludina
Identificadores
SímboloOCLN ; BLCPMG
Entrez100506658
OMIM

602876

PDB1XAW, 3G7C 1WPA, 1XAW, 3G7C
RefSeqNP_001192183
UniProtQ16625
Outros datos
Número EC2.1.1.67
LocusCr. 5 68.79 – 68.85 Mb

A ocludina é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene OCLN.[1][2]É unha proteína integral de membrana de 65 kDa e 522 aminoácidos localizada nas unións herméticas que unen unhas células con outras. Foi descrita por primeira vez en 1993 por Shoichiro Tsukita.[3] Xunto coas proteínas claudinas, as ocludinas son os principais compoñentes das unións herméticas.

Estrutura

Segundo a hidrofilidade global da molécula, esta atravesa a membrana catro veces, formando dous bucles extracelulares e expoñendo no citosol os seus extremos N-terminal e C-terminal. A interacción da ocludina con varias proteínas citoplasmáticas da placa de unión ocorre polo seu extremo C-terminal, mentres que os bucles extracelulares crese que están implicados na regulación da permeabilidade paracelular e a adhesión celular. A fosforilación/desfosforilación xoga un papel fundamental na regulación da ocludina e das unións herméticas.[4]

Asociación con enfermidades

Os trastornos na regulación da ocludina son un importante aspecto de diversas doenzas, xa que se distorsionan as barreiras celulares. As estratexias para previr ou reverter esta regulación á baixa poden ser un importante recurso terapéutico. Está implicada en diarreas, cancro, doenzas inflamatorias, alerxias, diabetes, esclerose múltiple, entre outras.[4]

Diagrama dunha unión hermética.

Interaccións

A ocludina interacciona coa proteína 2 das unións herméticas,[5][6][7] YES1[8] e coa proteína 1 das unións herméticas.[9][10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas