O exorcista (filme)
película de 1973 dirixida por William Friendkin
O exorcista (en inglés: The Exorcist) é un filme estadounidense de terror de 1973 dirixido por William Friedkin baseado na novela The Exorcist de William Peter Blatty.
O exorcista | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Exorcist |
Director | William Friedkin |
Produtor | William Peter Blatty Noel Marshall |
Guión | William Peter Blatty |
Baseado en | The Exorcist de William Peter Blatty |
Intérpretes | Ellen Burstyn Linda Blair Max von Sydow Jason Miller Lee J. Cobb Mercedes McCambridge |
Música | Jack Nitzsche Mike Oldfield |
Fotografía | Owen Roizman |
Montaxe | Norman Gay |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 1973 |
Duración | 122 minutos 132 minutos (corte do director) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $12 000 000[1] |
Recadación | $402,7–441 300 000[2] |
Filme seguinte | Exorcist II: The Heretic |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/exorcist | |
Sinopse
Inspirada nun exorcismo real ocorrido en Washington en 1949. Regan é unha nena de doce anos vítima de fenómenos paranormais como a levitación ou a manifestación dunha forza sobrehumana. A súa nai, aterrorizada, tras someter a súa filla a múltiples análises médicos que non ofrecen ningún resultado, acode a un sacerdote con estudos de psiquiatría. Este está convencido de que o mal non é físico senón espiritual, é dicir, que a nena é vítima dunha posesión diabólica. Por iso, coa axuda doutro sacerdote decide practicar un exorcismo.
Personaxes
- Ellen Burstyn como Chris MacNeil
- Linda Blair como Regan MacNeil
- Max von Sydow como Lankester Merrin
- Jason Miller como Damien Karras
- Lee J. Cobb como William F. Kinderman
- Mercedes McCambridge como voz de Pazuzu
- Eileen Dietz como faciana de Pazuzu
- Kitty Winn como Sharon Spencer
- Jack MacGowran como Burke Dennings
- William O'Malley como Joseph Dyer
- Arthur Storch como O psiquiatra
- Andre Trottier como o asistente do sacerdote
Galardóns e nomeamentos
- 1973: 2 Oscars: Mellor guión adaptado e son. 10 nomeamentos.
- 1973: Globo de Ouro: Mellor película: Drama.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta