O conto da criada

novela de Margaret Atwood

O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica[2] da autora canadense Margaret Atwood,[3][4] publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos.[5] A novela céntrase na historia da criada Offred. O seu nome provén da forma do posesivo en inglés "of Fred"; as criadas teñen prohibido usar os seus nomes de nacemento e deben obedencia ó seu home, ou mestre, ó cal serven.

O conto da criada
Título orixinalThe Handmaid's Tale
Autor/aMargaret Atwood
CubertaTad Aronowicz (orixinal)[1]
Carlos Valdés (versión en galego)
OrixeCanadá
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial McClelland and Stewart
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1985
Galicia 2019
FormatoTapas duras
Páxinas311
ISBNISBN 0-7710-0813-9 (en)
ISBN 978-84-948421-3-9 (gl)
TraduciónCelia Recarey e Carlos Valdés García
editar datos en Wikidata ]

The Handmaid's Tale explora os temas da muller suxugada na sociedade patriarcal e nas diferentes maneiras nas que esas mulleres tentan gañar individualismo e independencia persoal. O título da novela componse de partes de Os contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, que é unha serie de historias conectadas ("The Merchant's Tale", "The Parson's Tale", etc.).[6]

Sinopse

Logo dun golpe militar que acabou co presidente e que foi atribuído ó terrorismo islámico, uns políticos teócratas chegan ó poder dos Estados Unidos, que pasan a denominarse república de Galaad. Coa excusa da defensa contra a violencia, aumentan o autoritarismo e diminúen as liberdades e os dereitos sociais, comezando por suprimir a liberdade de prensa e os dereitos das mulleres. As mulleres divídense en castas e promóvese o medo e a sospeita entre elas. A "criada" é unha muller que se considera única e exclusivamente un obxecto cuxo único valor está nos seus ovarios, sendo un receptáculo preciso para acadar o nivel de novos nacementos desexado en Gilead para manter o seu modelo de sociedade.

Nesta sociedade, Defred é unha muller que perde os seus cartos, o seu emprego e mesmo o seu nome, que pasa a ser o do seu dono, ó ser asignada como un tipo de escrava denominada "criada" dun home, o "comandante". Dende entón estalle prohibido ter propiedades, autonomía económica ou independencia social, saír da casa onde vive (se non é para facer compras para a casa), falar, ler ou ter algún tipo de comunicación que non sexa cos seus propietarios, ningún tipo de actividade intelectual nin de liberdade sobre a súa imaxe e aparencia física e mesmo sobre o seu corpo, incluíndo a súa alimentación e as súas relacións sexuais, xa que non pode telas con ninguén agás co seu dono, que a pode violar unha vez ó mes, durante a Cerimonia, supostamente co obxectivo de procrear.

Adaptacións

A novela foi adaptada nunha popular serie de televisión, The Handmaid's Tale (2017-actualidade), protagonizada por Elisabeth Moss.[7]

Traducións

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Langford, David (Aug 2003), "Bits and Pieces", SFX (UK: Ansible) (107).

Outros artigos