O Apóstolo

filme de 2012 dirixido por Fernando Cortizo

O Apóstolo é un filme galego de 2012 dirixido por Fernando Cortizo. É o primeiro filme de animación stop motion en tres dimensións realizado en Europa. O filme foi estreado en 80 salas de toda España. A produción levou catro anos de traballo.[3] O 25 de outubro de 2022, coincidindo co seu 10º aniversario, o propio director publicou a película en Youtube, cunha mensaxe pedindo doazóns e culpando á distribuidora de falta de pagamentos e incumprimento do contrato.[4]

O Apóstolo
Ficha técnica
Título orixinalO Apóstolo
DirectorFernando Cortizo
ProdutorRosalía Mera, Artefacto Producciones
GuiónFernando Cortizo
IntérpretesCarlos Blanco
Luís Tosar
Jorge Sanz
Isabel Blanco
MúsicaXavier Font, Arturo Vaquero
FotografíaMatthew Hazelrig
MontaxeFernando Alfonsin
DistribuidoraAquelarre Cine
Estrea31 de outubro de 2012
Duración72 minutos
OrixeGalicia Galiza
XéneroAnimación. Fantástico. Intriga. Terror, Stop Motion. Claymation (Plastilina)
Orzamento7,5 millóns de euros[1]
Recadación62.162,88 €[2]
Na rede
http://www.oapostolo.com/
IMDB: tt1331294 Filmaffinity: 590988 Allocine: 182911 Rottentomatoes: m/the_apostle_2012
Facebook: oapostolo Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.

Personaxes

Galardóns e nomeamentos

Fernando Cortizo, director de O Apóstolo nunha entrevista no 2012.
  • Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012)
  • Premio á Mellor Película de Animación no XXII Festival Internacional de cine de animación ANIMAMUNDI (Brasil) (2014)
AnoCategoríaReceptorResultado
11ª ediciónMellor filmeRosalía Mera e Artefacto ProduccionesGañador
Mellor directorFernando CortizoGañador
Mellor guiónFernando CortizoNomeado
Mellor dirección de produciónMarta GarcíaGañadora
Mellor dirección artísticaMaría HernanzGañadora
Mellor montaxeFernando AlfonsínNomeado
Mellor música orixinalXavier Font, Arturo Vaquero e Philip GlassGañadores
Mellor sonDavid Machado, Diego S. Staub e Miguel BarbosaGañadores
Mellor fotografíaDavid NardiNomeado
Mellor deseño de vestiarioValentin DuranthonNomeado
AnoCategoríaResultado
2012Mellor filme de animaciónCandidato

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas