OAR Ferrol

O Club Baloncesto OAR Ferrol, onde OAR son as siglas de Obra Atlética Recreativa, foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Ferrol. Fundado en 1951 e desaparecido en 1996, o club competiu durante trece temporadas na máxima categoría do baloncesto español. Xogou os seus partidos como local en dúas localizacións diferentes, o Pavillón Municipal Punta Arnela e o Pavillón Polideportivo A Malata.

OAR Ferrol
Información xeral
Fundación1951
Desaparición1996
Cores          Verde,branco
Localización
CidadeGaliza Ferrol, Galiza
PavillónPolideportivo A Malata
Capacidade5 000
Campionatos
Copa Galicia5 (1988, 1989, 1990, 1991, 1993)
Camiseta do OAR Ferrol no Museo Etnolúdico de Galicia.

Historia

O Obra Atlética Recreativa Ferrol foi fundado en 1951, sendo o seu primeiro presidente Jaime López Perez. Nun principio o club contaba unicamente cun equipo xuvenil, o cal que se proclama campión da liga local desde o ano 1954 até o 1957. Na tempotada 1957−58, baixo a presidencia de Antonio Bouza Evia e aproveitando os cimentos deixados polo equipo xuvenil, o club forma un equipo sénior capaz de competir en igualdade con outros equipos xa consolidados. Na primeira temporada o OAR conquista a Segunda División Provincial, se ben a desaparición de dita división fai que non acade o ascenso de categoría. Isto provocaría a desaparición do equipo sénior, o cal non reaparecerá até a temporada 1963−64 baixo a presidencia de Juan Fernández García. Juan Fernández posteriormente dirixiría o club os seguintes 30 anos.

Na temporada 1975−76 o equipo militaba na 3ª División Nacional. A idea de afrontar tarefas máis importantes concretouse na cabeza de Juan Fernández. Cun americano prestado, demostrouse nalgún partido amigable que este era o que marcaba a diferenza. Na seguinte tempada, a 1976-77, fichouse a José Antonio Figueroa, un adestrador profesional, que nuns anos conduciu e mantivo ao equipo en Primeira División. Con Juan Fernández ao mando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español, chamada primeiro División de Honra, e despois coñecida pola súa denominación Liga ACB.

Nos trece anos na elite do club ferrolán, o equipo consegue tres clasificacións a competicións europeas, concretamente a Copa Korać, aínda que nunca sendo capaces de pasar da fase de grupos. Na temporada 1993−94 o club perde a categoría a pesar de finalizar no posto 15. Isto foi debido a económicos, motivados en boa medida pola súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva. Tras o descenso de categoría o OAR acabar por certificar en 1996 a súa desaparición. Durante a longa vida deportiva do Club Baloncesto OAR Ferrol, foron moitos os xogadores e adestradores que defenderon as cores do equipo.

Xogadores

Destacados

Palmarés

Copa Galiza

  • Campión (5): 1988, 1989, 1990, 1991, 1993
  • Subcampión (2): 1987, 1992

Historial

AnoNivelLigaPos.V–DCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas
1951–78Categorías inferiores
1978–7921ª División B8–2–12
1979–8021ª División B24–6
1980–8111ª División10–1–15Cuartos de final
1981–8211ª División12–143 Copa KoraćSR3–1
1982–8311ª División11º7–2–17Cuartos de final3 Copa KoraćPR0–1–1
1983–841ACB12–20
1984–851ACB11º14–15Copa PríncipeCR3 Copa KoraćGS4–6
1985–861ACB12º12–18Copa PríncipeSF
1986–871ACB16º5–26Copa PríncipeOF
1987–8821ª División B37–9
1988–891ACB26–13Primeira roldaCopa PríncipeSF
1989–901ACB19º11–30Primeira rolda
1990–911ACB21º16–27Segunda rolda
1991–921ACB10º17–19Primeira rolda
1992–931ACB15º13–21Segunda rolda
1993–941ACB15º11–19Cuartos de final
1994–9532ª División

Véxase tamén

Ligazóns externas