Nuummioq

filme de 2009 dirixido por Otto Rosing

Nuummioq é un filme groenlandés de 2009 dirixido por Otto Rosing e Torben Bech e producido por Mikisoq H. Lynge. Nuummioq quere dicir "un home de Nuuk" en lingua groenlandesa. Nuummioq estreouse en Nuuk o 31 de outubro de 2009.

Nuummioq
Ficha técnica
Título orixinalNuummioq
DirectorOtto Rosing
Torben Bech[1]
ProdutorMikisoq H. Lynge[2]
GuiónTorben Bech
IntérpretesLars Rosing
Julie Berthelsen
MúsicaJan de Vroede[2]
MontaxeHenrik Fleischer
Niels Ostenfeld[2]
DistribuidoraThe Works International[3]
Estrea31 de outubro de 2009[4]
Duración95 minutos
OrixeGroenlandia Groenlandia
XéneroDrama
Na rede
http://www.themovienuummioq.com
IMDB: tt1235162 Filmaffinity: 634381 Allocine: 192574 Allmovie: v507437 TCM: 784419 Netlix: 70129395Editar o valor em Wikidata

Sinopse

Malik, un traballador da construción de 35 anos orixinario de Nuuk, descobre o amor da súa vida ó tempo que lle diagnostican cancro. Enfróntase á eleción de quedar en Groenlandia con Nivi, a muller da que se namorou, ou marchar cara a Dinamarca na procura dun tratamento médico.[3]

Personaxes

O filme conta cun elenco de actor profesionais e non profesionais orixinarios de Groenlandia e Dinamarca:[2]

  • Lars Rosing como Malik
  • Julie Berthelsen como Nivi
  • Angunnguaq Larsen como Mikael
  • Maius Olsen como granxeiro de ovellas
  • Makka Kleist como avoa
  • Amos Egede como avó
  • Morten Rose como Carsten
  • Else Danis como médico
  • Anja Jochimsen como turista
  • Ulrikka Holm como rapaza nun bar
  • Maria P. Kjærulff como enfermeira
  • Arnatsiaq Reimer Eriksen como Lilly
  • Sorya Paprajong como camareira dun restaurante
  • Johannes Madsen como muller no invernadoiro
  • Karsten Sommer como cliente do invernadoiro

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas