Ntare Mwine

actor estadounidense

Ntare Guma Mbaho Mwine, nado en Nova Hampshire en maio de 1967, é un actor, dramaturgo, fotógrafo e documentalista estadounidense-ugandés.

Infotaula de personaNtare Mwine

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Nova Hampshire, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Uganda Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Tisch School of the Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de cinema , guionista , actor de televisión , actor de teatro , fotógrafo , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0616543 Allocine: 121987 Allmovie: p344078 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mwine naceu nos Estados Unidos de América nunha familia de ascendencia ugandesa. O seu pai era un avogado educado na Universidade de Harvard. Cando tiña sete anos, os seus pais sepáranse pero seguía pasando tempo co seu pai (que entón traballaba nas finanzas nos Estados Unidos, incluído un período no Banco Mundial en Washington DC) e coa súa nai (que regresou a África para ensinar psicoloxía na Universidade de Nairobi).

Mwine obtivo unha Mestría en Belas Artes pola Universidade de Nova York. Tamén estudou na Universidade de Virxinia, no Teatro das Artes de Moscova, e no Royal National Theatre de Londres. Estableceuse nos Ánxeles, e conseguiu o seu primeiro traballo profesional interpretando o papel de "Paul" en Six Degrees of Separation polo que recibiu un nomeamento o NAACP Image Award como Mellor Actor.

Aínda que ó longo da súa carreira como actor predominan os traballos en series de televisión (algunhas de moito éxito), tamén aparece en filmes como Diamante de sangue ou 40.

Filmografía

AnoTítuloPersonaxeNotas
2010-2011TremeJacques JhoniSerie de televisión
2010The Space Between Cameroon
200940Godwill
2006-2009HeroesUsutu / Joseph Al AmirSerie de televisión
2001-2008CSITom AdlerSerie de televisión
2002-2008ERPaul TraylorSerie de televisión
2008The RichesMaurice DevereauxSerie de televisión
2006Sleeper CellYakubuSerie de televisión
2006Diamante de sangueM'Ed
2006The UnitIsaiasSerie de televisión
2005AliasBenjamin MasariSerie de televisión
2000Perfect Murder, Perfect Town: JonBenét and the City of BoulderDet. EverettFilme de televisión
1999Seven DaysCliffSerie de televisión
1998BrimstoneDetective ClemensSerie de televisión
1998Desert Blue Axente Green
1997Don King: Only in AmericaEmisarioFilme de televisión
1997CloverCuñado de GatenFilme de televisión
1996Law & OrderMark DaviesSerie de televisión
1995New York UndercoverSerie de televisión

Véxase tamén

Ligazóns externas