Novelda

Novelda é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Coñecida pola súa produción de uva e o comercio de especias e mármore, a localidade ten 27.008 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaNovelda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°23′10″N 0°45′55″O / 38.386111111111, -0.765277777777780°45′55″O / 38.386111111111, -0.76527777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaVinalopó Mitjà Editar o valor em Wikidata
CapitalNovelda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación25.771 (2023) Editar o valor em Wikidata (340,44 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie75,7 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude241 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Martínez (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03660 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE03093 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03093 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webnovelda.es Editar o valor em Wikidata
Castelo de Mola

Xeografía

No cerro da Mola levántase o castelo que foi a orixe de Novelda, situado no corredor de ligazón que atravesa as serras subbéticas valencianas, polo que o río discorre no seu tramo medio.

Clima

O clima de Novelda é mediterráneo seco, pero as súas temperaturas ao longo de todo o ano son constantes e agradábeis. En inverno fai relativo frío, sendo a temperatura media 8 °C, pero no verán a calor tamén se mantén con temperaturas medias de 24 °C. O núcleo principal está á dereita do río Vinalopó, que atravesa o termo municipal. Ten unha extensión de 75,7 km². Atópase a 241 metros de altura e a 24 km de Alacant.

Economía

A agricultura noveldense xira en torno ao monocultivo da uva de mesa dentro das súas dúas variedades principais: Aledo e Ideal. A actividade industrial máis importante é a fabricación e elaboración de mármore e de pedra natural. Outra actividade industrial representada no municipio é a agroalimentaria, especializada no envasado e comercialización de especias, condimentos e infusións.

Festas

Entre o 18 e o 25 de xullo teñen lugar as festas de Mouros e Cristiáns e Patronais. O 22 de xullo celébrase a festividade de Santa María Madalena, patroa da cidade. O 21 e o 23 teñen lugar os desfiles de Mouros e Cristiáns.

Outra festa propia da cidade é a "procesión das 40 horas" que se celebra todos os martes de Entroido. Neste acto sácase a Sacra Forma polas rúas do centro da cidade. Chama a atención que nun día pagán como o Entroido se celebre un acto relixioso. A orixe veu por unha peste que azoutou á cidade e, desde entón, foille concedida á cidade este privilexio papal para liquidar a pena.

Demografía

Novelda ten 27.008 habitantes (INE 2008), un 7,9% dos cales é da inmigración (principalmente suramericanos).[1]

Evolución demográfica de Novelda[2]
1857188719001910192019301940195019601970198119912001200620072008
7.9279.64811.38812.04511.9949.50810.34910.59812.91117.34420.77621.92824.11126.33526.52527.008

Notas