NovaMundi: The Spear of Chaquén
NovaMundi: The Spear of Chaquén é un videoxogo de estratexia desenvolvido pola empresa colombiana Slashware Interactive.
NovaMundi: The Spear of Chaquén | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Slashware Interactive |
Deseñador(es) | Santiago Zapata |
Lanzamento | "Early Access" de Steam: 13 de abril de 2021 |
Xénero | Videoxogo de rol e estratexia |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, OS X, Mac OS |
Na rede | |
Páxina oficial de Slashware | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O xogo estreouse en "acceso anticipado" de Steam o 13 de abril de 2021.[1]
Modo de xogo
NovaMundi: The Spear of Chaquén é un videoxogo de estratexia con perspectiva de cámara isométrica. É un xogo de rol en tempo real con opción de pausa táctica.
Sinopse
"NovaMundi: The Spear of Chaquén - Early Access Announcement Trailer". YouTube (en inglés). Slashware. |
O xogo está ambientado no ano 1537 na confederación muisca (no Altiplano Cundiboyacense), na época da conquista española das nacións chibchas por Gonzalo Jiménez de Quesada.[2]
O videoxogo baséase na ficción histórica e ofrece a posibilidade de cambiar o rumbo da historia e unir aos muiscas para repeler a expedición de Jiménez de Quesada. Para conseguilo, o xogador deberá explorar a rexión, sobrevivir na natureza, facer misións, loitar contra inimigos e lograr sumar forzas contra a invasión.