Niclosamida

composto químico

A niclosamida é un fármaco antihelmíntico (afecta aos vermes) especialmente efectivo contra os vermes cestodos que infectan aos humanos, como as tenias. Tamén se usa como piscicida (mata peixes)[3] e ultimamente como moluscocida para o tratamento de augas en programas de control da esquistosomíase[4]. Aínda que pertence á familia dos antihelmínticos o seu uso específico é para tratar as infestacións por cestodos como as tenias, xa que non é efectivo contra outro tipo de vermes como os nematodos. Preséntase como unha tableta mastigable que se toma por vía oral, e a dose depende dotipo de verme e a idade e peso do paciente.

Niclosamida.
Nome IUPAC: 5-cloro-N-(2-cloro-4-nitrofenil)-2-hidroxibenzamida.[1]
Outros nomes: Niclocide, Phenasal, Tredemine, Fenasal, Yomesan[2]
Número CAS: 50-65-7.

Mecanismo de acción

A niclosamida desacopla a fosforilación oxidativa no verme.[5]

Efectos secundarios

Este fármaco pode ter efectos secundarios como dor abdominal, anorexia, diarrea, e vómitos. Raramente, mareos, erupcións na pel, somnolencia, proído perianal, e sabor desagradable.

Eficacia potencial contra o cancro de colon

A niclosamida mostrou capacidade de inhibir a extensión do cancro de colon en estudos con animais. A droga funciona bloqueando a expresión do xene S100A4/metastasina, que pode promover a metástase do cancro de colon, e afecta a diversas vías de sinalización celular.[4][6]

Notas