O New York Rangers é un equipo de hóckey sobre xeo que ten a súa sede en Manhattan, na cidade de Nova York (Estados Unidos) que compite na NHL. Foi fundado en 1926 e gañou en catro ocasións a liga (1927–28, 1932–33, 1939–40 e 1993–94) e cinco de división, aínda que tan só nunha ocasión se puido proclamar campión da súa conferencia, acadado o mesmo ano que o seu último título de liga (1993-94).
As franquías da NHL teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores xoves na repesca anual, permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a mercé das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxean no tempo. Dende os seus inicios, os Rangrs tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[1]
Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Rangers tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[1]
Bill Cook, primeiro capitán da historia dos Rangers é tamén o xogador que ocupou o posto durante máis tempo, por outra banda, Mark Messier é o único xogador que ocupou o posto en solitario en dúas etapas diferentes:[2].
Capitáns de 1926 a 1978
Nome(s)
Período
Bill Cook
1926-1937
Art Coulter
1937-1942
Ott Heller
1942-1945
Neil Colville
1945-1949
Bud O'Connor
1949-1950
Frank Eddolls
1950-1951
Allan Stanley
1951-1953
Don Raleigh
1953-1955
Harry Howell
1955-1957
George Sullivan
1957-1961
Andy Bathgate
1961-1964
Camille Henry
1964-1965
Bob Nevin
1965-1971
Vic Hadfield
1971-1974
Brad Park
1974-1975
Phil Esposito
1975-1978
Capitáns dende 1978
Nome(s)
Período
Dave Maloney
1978-1980
Walt Tkaczuk
1980-1981
Barry Beck
1981-1986
Ron Greschner
1986-1987
Kelly Kisio
1987-1991
Mark Messier
1991-1997
Brian Leetch
1997-2000
Mark Messier
2000-2004
Jaromír Jágr Darious Kasparaïtis Steve Rucchin[nota 1]
OS Rangers retiraron oito números de nove xogadores na súa historia, e a NHL retirou o número 99 de Wayne Gretzky de todos os equipos no 's No. 99 for all its member teams at the All-Star Game do ano 2000.[3]