New-York Tribune

O New-York Tribune, tamén escrito New York Tribune, foi un xornal estadounidense do século XIX e XX, publicado entre 1841 e 1966.

New-York Tribune

Editar o valor em Wikidata
Fundación1841
Lingualingua inglesa
LocalidadeNova York
ISSN1941-0646
editar datos en Wikidata ]

Historia

O fundador do xornal, Horace Greeley.

Primeiros anos

Foi fundado por Horace Greeley como un xornal de centavos do Partido Whig o 10 de abril de 1841.[1] Entre 1842 e 1866, o xornal chamouse New-York Daily Tribune[1] mais, posteriormente, recuperou o nome orixinal. O Tribune non só daba a coñecer as noticias de sucesos diarios, senón que abarcaba tamén temas como a opinión política, obras literarias, reformismo social e diversos logros intelectuais.[2]

Tivo como colaboradores, entre outros, ao caricaturista de charge política Thomas Nast e ao filósofo e economista comunista Karl Marx. Durante a década de 1850 e comezos da década de 1860, Marx escribiu unha serie de artigos para este diario desde Londres. Estes artigos abordaban cuestións europeas e análises políticas, entre elas os artigos recollidos en Revolutionary Spain onde menciona a Galiza en diversas ocasións.[3][4] Outra colaboradora destacada foi Margaret Fuller, a primeira muller en exercer a crítica literaria nun medio de comunicación de masas.

Horace Greeley, a través do Tribune, apoiou os inicios do Partido Republicano.[5] En 1860 o Tribune apoiou a Abraham Lincoln como presidente dos Estados Unidos e durante a Guerra civil estadounidense. Porén, o xornal opúxose á súa reelección en 1864.[1] Durante algún tempo o xornal tivo a maior tirada nos Estados Unidos.[5] Os editoriais do Tribune foron moi lidos e axudaron a dar forma á opinión pública nos Estados Unidos.

Tiraxe dos seis xornais de Nova York na orixe da Associated Press (AP)
XornalThe SunNew York HeraldNew-York TribuneThe ExpressCourier and EnquirerJournal of Commerce
Tiraxe en 1850[6]55 00032 64019 48010 7005 2004 800

Século XX

En 1924, baixo a dirección do fillo do fundador, Ogden Mills Reid, fusionouse co seu rival New York Herald para formar o New York Herald Tribune. que seguiu sendo dirixido por Ogden Mills até a súa morte en 1947. Seguiu sendo un importante diario dos Estados Unidos até que rematou a súa publicación en 1966.[7]

Antigos edificios do Tribune na actualidade

  • O New York Tribune Building foi a primeira casa da Universidade Pace. O lugar onde estaba o edificio eestá ocupado nestes momentos polo complexo One Pace Plaza do campus de Nova York da Universidade de Pace. A residencia e hospital privado do doutor Choate, onde morreu Horace Greeley, forman hoxe parte do campus da Universidade Pace en Pleasantville, Nova York.
  • O 15 de decembro de 1921, The New York Tribune comprou dous terreos nos 219 e 220 West 40th Street. A sede que The New York Tribune construíu nese lugar é agora a sede da facultade de periodismo da Universidade de Nova York.

Arquivos

AS copias dos números do New-York Tribune están dispoñibles en microfilme en moitas bibliotecas grandes dos Estados Unidos e tamén está en liña na Biblioteca do Congreso,[1] onde tamén están os índices de anos determinados de finais do século XIX.Os artigos orixinais se conservan no Centro de Historia Americana da Universidade de Texas en Austin.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Schwarzlos, Richard Allen (1989). The Nation's Newsbrokers (en inglés). Volume I (The Formative Years: From Pretelegraph to 1865). Evanston, IL: Northwestern University Press. ISBN 978-0-8101-0818-9.