Nanina Santos

activista e escritora galega

Nanina Santos Castroviejo, nada na Notaria (Padrenda)[1] o 7 de xaneiro de 1951, é unha escritora galega.

Infotaula de personaNanina Santos
Biografía
Nacemento(es) Nanina Santos Castroviejo Editar o valor em Wikidata
7 de xaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Padrenda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1730322 Dialnet: 2596422

Traxectoria

Destacada feminista comezou a súa actividade na clandestinidade. En 1970 entrou na Federación de Comunistas que se fusionaría co Movimiento Comunista. Foi a primeira representante feminina nesta organización e responsábel da estrutura de mulleres do MCG.[2] Participou na creación da Asociación Galega da Muller en 1976.[2]

Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora de música no IES Esparis de Brión, e no IES de Brión posteriormente ata o ano 2019. Foi directora da revista Andaina. Está especializada en xénero e muller.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas