Nacionalismo copto

O nacionalismo copto é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos coptos (copto: ⲚⲓⲢⲉⲙ̀ⲛⲭⲏⲙⲓ ̀ⲛ̀Ⲭⲣⲏⲥⲧⲓ̀ⲁⲛⲟⲥ Niremenkīmi Enkhristianos, árabe: أقباط Aqbat), como un grupo étnico que habita principalmente na área do moderno Exipto. A maioría dos coptos étnicos forman parte da Igrexa ortodoxa copta. Os cristiáns ortodoxos coptos son a meirande denominación cristiá de Exipto.

Identidade copta

A identidade copta actual ten as súas raíces na década de 1950 co auxe do panarabismo baixo Nasser. Ata ese momento, o nacionalismo exipcio era a principal forma de expresión da identidade exipcia,[1] os coptos víanse só como coptos sen ningún sentimento árabe.[2] A loita por determinar esta identidade exipcia comezou cando Nasser e o seu réxime intentaron impor unha identidade árabe ao país e intentaron borrar todas as referencias a Exipto como unha entidade separada e única.[3] A persecución é fundamental para o sentido de identidade dos coptos.[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Shatzmiller, Maya (2005). Nationalism and Minority Identities in Islamic Societies. McGill-Queen's Press. 
  • Lin Noueihed, Alex Warren. The Battle for the Arab Spring: Revolution, Counter-Revolution and the Making of a New Era. Yale University Press, 2012.