Pneumonía eosinofílica crónica

doenza do aparello respiratorio
(Redirección desde «NEC»)

A pneumonía eosinofílica crónica (PEC ou NEC) é unha doenza do aparello respiratorio que forma parte do grupo de doenzas denominado eosinofilias pulmonares, caracterizadas pola infiltración de eosinófilos nas vías respiratorias, alvéolos e intersticio pulmonar. Os primeiros en identificaren a un doente de pneumonía eosinofílica foron Christoforidis e Molnar no ano 1960, mentres que Carrington e o seu equipo foi quen de establecer a primeira serie de pacientes en 1969[1][2]. A PEC é unha doenza rara e de etioloxía descoñecida. Porén, estableceuse a asma como factor asociado, xa que case o 50% ou ben acompaña ou ben precede á eosinofilia. O tratamento baséase no uso de corticoides.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Eosinófilo, célula sanguínea característica nos infiltrados das eosinofilias pulmonares.

Clínica

Os síntomas máis comúns neste tipo de eosinofilia son, de maior a menor frecuencia, a tose (93% dos doentes), dispnea (92%) e febre (77%). Tamén poden acontecer outros síntomas inespecíficos, aínda que con menor frecuencia, como son a hemoptise (tose sanguinolenta), malestar xeral, sibilancias pulmonares, suores nocturnas, perda de peso, dor torácica, artralxias e estertores na auscultación respiratoria[3].Na maioría dos casos a doenza concorre cun curso insidioso, isto é, acontece unha evolución gradual, cunha media de 7 meses de evolución antes de establecer o diagnóstico e instaurar un tratamento axeitado. A remisión da doenza sen tratamento é rara, sendo de arredor do 10%[4].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas