Myosotis secunda

especie de planta

Myosotis secunda

Myosotis secunda en Bélxica.
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Familia:Boraginaceae
Subfamilia:Boraginoideae
Xénero:Myosotis
Especie:''M. secunda''
Nome binomial
'Myosotis secunda'
A.Murray

Myosotis secunda é unha planta herbácea da familia das boraginaceae.

Descrición

Herba anual, bienal ou perenne. Talos con estolóns enraizantes que xorden das axilas das follas inferiores con pelos patentes na base de 15-40 cm de lonxitude. Follas alternas, máis ou menos elípticas, duns 4 cm de lonxitude. Inflorescencia en cima escorpioide (asemellando á cola dun escorpión); cáliz tubular con 5 lóbulos; corola tubular-rotada, de até 8 mm de diámetro, con 5 lóbulos redondeados, de cor azul brillante. Froito formado por 4 pequenas noces. Núculas negras. Florece na primavera e verán.[1]

Hábitat

Nos lugares húmidos.

Distribución

En Gran Bretaña, Francia, Bélxica, Irlanda, España e Portugal.[2]

Taxonomía

Mimophytum secunda foi descrita por Alexander Murray e publicada en The northern flora 115. 1836.[3]

Citoloxía

Número de cromosomas de Myosotis secunda (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: n=24[4]

Etimoloxía

Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.[5]

secunda: epíteto latíno que significa "segunda"[6]

Notas