Myioborus ornatus

especie de paxaro

Myioborus ornatus é unha especie de paxaro da familia Parulidae. É orixinario de bosques e matogueiras dos Andes en Colombia e na zona occidental de Venezuela.

Myioborus ornatus

En Manizales, Caldas, Colombia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Parulidae
Xénero:Myioborus
Especie:M. ornatus
Nome binomial
Myioborus ornatus
(Boissonneau, 1840)
Distribución de M. ornatus
Distribución de M. ornatus

Distribución de M. ornatus

Descrición

A Myioborus ornatus mide entre 13 e 13,5 cm de longo.[2] A plumaxe das súas partes superiores é de cor agrisada oliváceo moi escura e o das inferiores amarela intensa. A parte frontal do su píleo e fronte tamén son de cor amarela, chegando a ter certo ton alaranxado; en contraste, a parte traseira é negra, cun fino parche branco a modo de orella branca. As poboacións occidentais (M. o. chrysops) teñen o resto da parte frontal da facaiana amarela e só a medialúa branca no extremo posterior das cobertoiras auriculares, mentres que as poboacións orientais (M. o. ornatus) teñen ademais a parte frontal das cobertoiras auriculares e o lorum brancos. A cola é negra con rectrices laterais brancas. Os seus ollos e o seu peteiro puntiagudo son negros.[2][3]

Notas