Munyurangabo

filme de 2007 dirixido por Lee Isaac Chung

Munyurangabo é un filme ruandés de 2007 dirixido por Lee Isaac Chung. Foi filmado enteiramente en Ruanda con actores locais, e é o primeiro filme narrativo en lingua ruanda.[1] Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007 o 24 de maio[2] e gañou o gran premio do AFI Fest de 2007.[3] O crítico estadounidense Roger Ebert considerouno "un fermoso e poderoso filme en cada fram - unha obra mestra".[4]

Munyurangabo
Ficha técnica
Título orixinalMunyurangabo
DirectorLee Isaac Chung
ProdutorLee Isaac Chung
GuiónLee Isaac Chung
Samuel Gray Anderson
IntérpretesJeff Rutagengwa
FotografíaLee Isaac Chung
MontaxeLee Isaac Chung
EstreaFestival de Cannes: 24 de maio de 2007
Duración97 minutos
OrixeRuanda Ruanda
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1031947 Filmaffinity: 825106 Allocine: 128159 Rottentomatoes: m/munyurangabo Allmovie: v399249 TCM: 684487 Netlix: 70084095Editar o valor em Wikidata

Personaxes

  • Jeff Rutagengwa como Munyurangabo
  • Eric Ndorunkundiye como Sangwa
  • Jean Marie Vianney Nkurikiyinka como Papa Sangwa
  • Jean Pierre Harerimana como Gwiza
  • Narcicia Nyirabucyeye como Mama Sangwa
  • Edouard B. Uwayo como Poeta

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas