Mungo de Glasgow

Mungo de Glasgow, na lingua galesa, Cyndeyrn Garthwys, e maiormente coñecido polos seus nomes ingleses, Saint Mungo ou Kentigern, foi un apóstolo a finais do século VI e fundador e padroeiro da cidade de Glasgow.

Infotaula de personaMungo de Glasgow

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento550 Editar o valor em Wikidata
Culross (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 614 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Glasgow Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGlasgow
Llanelwy Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSaint Serf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa13 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisOwain mab Urien Editar o valor em Wikidata  e Teneu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 6137028 Editar o valor em Wikidata

Nome

En Gales e Inglaterra, este santo é coñecido polo seu nome de nacemento e bautismo, Kentigern. Probablemente, este nome proveña do britónico « Cuno-tigernos », que está composto polos elementos « cun », (can de caza), e « tigerno », (príncipe ou rei). Esta evidencia baséase no rexistro Conthigirn(i), escrito en galés antigo.[1] Porén, suxeríronse tamén outras etimoloxías, coma a que inclúe ao britónico « Kintu-tigernos », baseado na forma inglesa de Kentigern, mais o xa mencionado Conthigirn(i) e o antigo rexistro inglés Cundiʒeorn non parecen apoiar isto.[2]

En Escocia, é coñecido polo alcume Mungo, posiblemente derivado do equivalente cúmbrico do galés: fy nghu (meu querido).[3] Este alcume ten un paralelo gaélico na forma « Mo Choe » ou « Mo Cha », baixo a cal Kentigern aparece en Kirkmahoe, por exemplo, en Dumfriesshire, que aparece coma « ecclesia Sancti Kentigerni » no Arbroath Liber, en 1321. Unha antiga igrexa en Bromfield, Cumbria, é nomeada após el, do mesmo xeito que a igrexa parroquial de Crosthwaite e algunhas outras igrexas máis na parte norte de Cumbria.

Milagres

En « Life of Saint Mungo » relátanse catro milagres relizados en Glasgow. O seguinte verso emprégase para lembrar os catro milagres de Mungo:

Here's the bird that never flew,

Here's the tree that never grew.
Here's the Bell that never rang,

Here's the fish that never swam.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jackson, Kenneth (1953). Language and History in Early Britain (en inglés). Edimburgo: Edinburgh University Press. ISBN 1-85182-140-6.