Movemento feminista en Galicia
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
O movemento feminista en Galicia forma parte dun movemento global de índole política, cultural, económica e social co obxecto de procurar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres a escala mundial, se ben pon o foco no ámbito galego. A tese máis estendida sitúa a súa nacenza como movemento organizado, o feminismo, no periódico histórico que, no ámbito estatal, se denomina transición[1] dentro da segunda onda do feminismo.
O inicio do movemento organizado de mulleres en Galicia está moi ligado ao antifranquismo, a Asociación Galega da Muller fundouse en 1975[2] nun contexto mundial no que a ONU declarara o ano internacional da muller[2][3] e no que no ámbito estatal en decembro en Madrid se planificaran as primeiras xornadas de liberación da muller.[2]
Anterior a AGM estaba o MDM e dunha fractura de AGM organizouse a FIGA.[2]
En 1986 xurdiu MNG, inicialmente de mulleres do BNG, con dúas frontes: a antipatriarcal e a nacionalista.[2]
Entre as revistas importantes do movemento feminista en Galicia encádranse Andaina e a Festa da Palabra Silenciada e entre as activistas na historia do feminismo galego sitúanse Nanina Santos, do equipo de redacción de Andaina, María Xosé Queizán, impulsora de Festa da Palabra Silenciada, Luísa Ocampo, de Mulheres Nacionalistas Galegas e Lupe Ces, impulsora nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres.[2]
![]() | Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |