Monte Aragats
44°11′43″L / 40.523055555556, 44.195277777778
O Monte Aragats (en armenio: Արագած) con 4 095 m de altitude é o punto máis elevado de Armenia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Arakatz001.jpg/275px-Arakatz001.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/Am-map_es.png/275px-Am-map_es.png)
Situación e características
O Aragats érguese na provincia de Aragatsotn, no noroeste do país e da súa capital Iereván. É un antigo estratovolcán extinto, cunha cima cuádrupla de picos que conforman as beiras do cráter.No sur da montaña sitúase a importante cidade de Ashtarak, e noutros lados aséntanse vilas e aldeas.
Usos da montaña
O monte é un popular destino alpinístico para os montañeiros locais e visitado por turístas nos meses estivais . Nas súas ladeiras levántase o Observatorio Byurakan, ben coñecido, un dos prinicipais observatorios astronómicos mundiais, e a fortaleza Amberd, medieval.
Lendas
Segundo unha lenda, Grigor Lusavorich (Gregorio o Iluminador), subiu até o cume do Aragats para rezar, sendo testemuña dunha luz que baixou desde o ceo até a súa persoa. A lenda sostén que a mesma luz é visible hoxe, mais só os elixidos son quen de vela.
Galería
- Vista aérea mostrando os catro picos da cima
Véxase tamén
Ligazóns externas
- (en inglés) Breve descrición en Cilicia.com Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
- (en inglés) Monet Aragats