Monolene microstoma

Monolene microstoma
Rapapelos de boca pequena
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Actinopterygii
Subclase:Neopterygii
Infraclase:Teleostei
Superorde:Acanthopterygii
Orde:Pleuronectiformes
Suborde:Pleuronectoidei
Familia:Bothidae
Especie:M. microstoma
Nome binomial
Monolene microstoma
Cadenat, 1937[1]

Monolene microstoma é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos de boca pequena.[2]

Descrición

Trátase dun peixe plano duns 20 cm de lonxitude, sinistro (é dicir, con dos ollos situados no lado esquerdo da cabeza), mariño, bentónico, demersal (batipeláxico), que vive a profundidades de entre os 25 e os 460 m,[3] que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Senegal e o golfo de Guinea até Namibia.[4]

Pesca

O rapapelos de boca pequena é unha especie comestíbel, e péscase nas zonas pesqueiras 34 e 47 (Atlántico centro-leste e Atlántico sueste).[2]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aldebert, Y.; M. Desoutter e J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha, eds.: Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1027-1036.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7.

Outros artigos

Ligazóns externas