Monica Frassoni
Monica Frassoni, nada o 10 de setembro de 1963 en Veracruz (México), é unha política italiana de orientación ecoloxista, que pertenceu a diversos partidos verdes europeos.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1963 ![]() Veracruz (México) ![]() |
![]() | |
Representa: Partido Radical (pt) ![]() 20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: North-West Italy (en) ![]() Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 | |
![]() | |
Representa: Ecolo (pt) ![]() 20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004 Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: French-speaking electoral college (en) ![]() Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia ![]() |
Educación | Universidade de Florencia ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas ![]() |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Green Italy (en) ![]() Partido Verde Europeu (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Páxina web | monicafrassoni.org ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Primeiros anos
Diplomada en Ciencias políticas, comeza a súa actividade política en 1983 no seo do Movemento Federalista Europeo, e en 1987 é elixida Secretaria-xeral europea dos JEF (Mozos Europeos Federalistas), a sección de mozos do movemento.[1]
Traxectoria política
Desde 1990 até xuño de 1999, Frassoni foi conselleira do Grupo dos Verdes no Parlamento Europeo onde se encargou dos temas institucionais, de regulamento interno e inmunidade.
En 1999 foi elixida eurodeputada por primeira vez polo partido francófono belga Ecolo.
En 2004 presentouse de novo ás eleccións europeas, esta vez en Italia xunto á Federación dos 200s (pertencente ao Partido Verde Europeo) pola circunscrición Noroeste. Durante esa lexislatura foi co-presidenta do grupo parlamentario Verdes/ALE xunto a Daniel Cohn-Bendit, até 2009. O 15 de xaneiro de 2007 foi candidata a presidir o Parlamento, quedando en segundo lugar con 145 votos, por detrás do candidato PPE-PSE Hans-Gert Poettering.[2][3]
Desde 2010 forma parte do padroado da Fundación Equo en España.[4] Actualmente os mozos verdes italianos piden a súa dimisión como copresidenta do partido verde europeo pola súa candidatura como independente con SEL, mentres que os Verdes italianos apostaron pola coalición Revolución Cívica.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Monica Frassoni: páxina persoalArquivado 18 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- Europa y España, entre infraestructuras de transporte y desarrollo El País. Tribuna Mónica Frassoni e Gianluca Solera, 17/12/2003. Consultado o 17 de decembro de 2009.
- La Directiva de Retorno El País, 27/06/2008. Consultado o 17 de decembro de 2009.