Monarquía británica

Os monarcas británicos son aqueles que gobernaron a algún dos dous reinos máis importantes de Gran Bretaña, Escocia e Inglaterra ou á unión destas dúas coroas con Irlanda primeiro e Irlanda do Norte despois, formando o Reino Unido (de Gran Bretaña e Irlanda do Norte).

Evolución dos títulos reais británicos

Ao redor do século IX xurdiron en Gran Bretaña dous grandes reinos: Escocia e Inglaterra, cada un dos cales levaba aparellado o título de rei. Esta situación mantívose ata o século XII, xa que ao conquistar parte de Irlanda, o monarca inglés Henrique II, creou o Señorío de Irlanda, que pasou ao seu fillo máis novo Xoán I (coñecido como Xoán sen Terra), mentres que a coroa de Inglaterra recaía no seu fillo máis vello Ricardo Corazón de León; ao morrer este último, Xoán converteuse rei de Inglaterra e Señor de Irlanda.

O título mantívose constante ata que Henrique VIII de Inglaterra converteu o señorío en reino, pasando a denominarse rei de Inglaterra e Irlanda. Precisamente ao morrer sen descendencia a última das súas fillas, Isabel, as coroas inglesa e escocesa únense na persoa de Xacobe I de Inglaterra e VI de Escocia, que gobernou cos títulos de rei de Escocia, Inglaterra e Irlanda.

Este título mantívose ata que Ana I asinou a Lei de Unión entre Inglaterra e Escocia, pasando a ser Raíña de Gran Bretaña e Irlanda. O sucesor de Ana, Xurxo I de Inglaterra, achegou o electorado de Hannover á lista de títulos reais británicos. Posteriormente, unha Lei de Unión similar á de Ana, esta vez entre Gran Bretaña e Irlanda, foi asinada por Xurxo III do Reino Unido, que pasou a titularse Rei do Reino Unido, Gran Bretaña e Irlanda. Posteriormente, este mesmo monarca conseguiu que o Congreso de Viena convertese o electorado de Hannover en reino. Con todo, a súa neta Vitoria non puido conservar ese título debido á Lei sálica imperante en Hannover, aínda que foi coroada posteriormente como emperatriz da India, converténdose polo tanto en Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Emperatriz da India.

A independencia de Irlanda en 1922 e da India en 1947, reduciu o título ao de Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, que é o usado pola monarca actual, Isabel II.

Listaxe de reis británicos

Reis de InglaterraReis de Escocia
NomePeríodo
A casa de Wessex
Alfredo o Grande871899
Eduardo o Vello899924
Aelfweard924
Aethelstan924939
Edmundo I o Magnífico939946
Edred946955
Edwy955959
Edgar959975
San Eduardo II o Mártir975978
Etelredo II9781013
10141016
Edmundo II9781013
10141016
A casa danesa
(Durante os primeiros anos houbo pretendentes saxóns ao trono).
Svend10131014
Canuto I o Grande10161035
Haroldo I10351040
Harthacanute (Canuto Hardeknut)10401042
A casa de Wessex (restauración)
San Eduardo III, o Confessor10421066
Haroldo II1066
Edgar Ætheling1066
A casa de Normandía
Guillerme I10661087
Guillerme II "Rufus"10871100
Henrique I11001135
Estevo I11351154
Matilde I(Non chegou a gobernar)
A casa de Plantagenêt
Henrique II "Plantagenêt", conde de Anjou11541189
Ricardo I "Corazón de León"11891199
NomePeríodo
A casa de Alpin
Kenneth I843858
Donald I858862
Constantino I862877
Aedh877878
Eochaid878889
Giric878889
Donald II889900
Constantino II900943
Malcolm I943954
Indulf954962
Dubh962966
Culen966971
Kenneth II971995
Constantino III995997
Kenneth III9971005
Malcolm II10051034
Duncan I10341040
Macbeth10401057
Lulach10571058
A casa de Dunkeld
Malcolm III10581093
Donald III10931094
10941097
Duncan II1094
Edgar10971107
Alexandre I11071124
David I11241153
Malcolm IV11531165
Guillerme I11651214
Reis de Inglaterra e Señores de IrlandaReis de Escocia (continuación)
NomePeríodo
A casa de Plantagenêt (continuación)
Xoán I11991216
Henrique III12161272
Eduardo I12721307
Eduardo II13071327
Eduardo III13271377
Ricardo II13771399
A casa de Lancaster
Henrique IV, duque de Lancaster13991413
Henrique V14131422
Henrique VI14221461
A casa de York
Eduardo IV, duque de York14611483
Eduardo V1483
Ricardo III14831485
A casa de Tudor
Henrique VII14851509
NomePeríodo
A casa de Dunkeld (continuación)
Alexandre II12141249
Alexandre III12491286
Margarida I12861290
A casa de Balliol
Xoán Balliol12921296
A casa de Bruce
Roberto I13061329
David II13291371
A casa de Balliol
Eduardo Balliol e David II loitaron polo trono.
Eduardo Balliol13321338
A casa de Estuardo
Roberto II13711390
Roberto III13901406
Xacobe I14061437
Xacobe II14371460
Xacobe III14601488
Xacobe IV14881513
Reis de Inglaterra e IrlandaReis de Escocia (continuación)
NomePeríodo
A casa de Tudor (continuación)
Henrique VIII15091547
Eduardo VI15471553
Xoana I1553
María I15531558
Isabel I15581603
NomePeríodo
A casa de Estuardo (continuación)
Xacobe V15131542
María I15421567
Xacobe VI15671625
Reis de Escocia, Inglaterra e Irlanda
NomePeríodo
A casa de Estuardo (continuación no caso de Escocia)
Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra1567 (Escocia), 1603 (Inglaterra) –1625
Carlos I16251649
A República de Inglaterra e o Protectorado
A república durou ata 1653, e sucedeulle o Protectorado que terminou en 1659, seguido dun período de anarquía ata a restauración de 1660.
Oliver Cromwell16531658
Ricardo Cromwell16581659
A casa de Estuardo (restauración)
Carlos II "o Alegre Monarca"16601685
Xacobe II de Inglaterra e VII de Escocia16851689
María II, Princesa de Orange16891694
Guillerme III, Príncipe de Orange16891702
Reis de Gran Bretaña e Irlanda
NomePeríodo
A casa de Estuardo (continuación)
Ana I17021714
Reis de Gran Bretaña e Irlanda e Electores de Hannover
NomePeríodo
A casa de Hannover
Xurxo I17141727
Xurxo II17271760
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e do Reino de Hannover
NomePeríodo
A casa de Hannover (continuación)
Xurxo III17601820 (Rei de Hannover:1814-1820)
Xurxo IV18201830
Guillerme IV18301837
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e emperadores da India
NomePeríodo
A casa de Hannover (continuación)
Vitoria I18371901
A casa de Saxonia-Coburgo-Gotha
Eduardo VII19011910
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e emperadores da India
NomePeríodo
A casa de Windsor
Xurxo V19101936
Eduardo VIII1936
Xurxo VI19361952
Reis do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
NomePeríodo
A casa de Windsor (continuación)
Isabel II19522022
Carlos III2022–actualidade