Miyoshi Umeki

Miyoshi Umeki (梅木 美代志 ou ミヨシ・ウメキ), nada en Otaru (Hokkaido) o 8 de maio de 1929 e finada en Licking (Missouri) o 28 de agosto de 2007[1] foi unha actriz e cantante xaponesa nacionalizada estadounidense. Foi a primeira e única muller asiática gañadora dun Oscar á interpretación.[2]

Infotaula de personaMiyoshi Umeki

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 梅木 美代志 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1929 Editar o valor em Wikidata
Otaru (Xapón) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 2007 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Licking (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesナンシー梅木 Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema , músico de jazz , actriz de teatro , actriz de televisión , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0880855 Allocine: 92844 Allmovie: p72422 TCM: 182716 TV.com: people/miyoshi-umeki IBDB: 62909
Youtube: UCvpRlt9gXIA_Ua36zyyemXw Musicbrainz: 51e0d365-1678-402a-9d17-1f8d6060911f Discogs: 1284594 Allmusic: mn0000923782 WikiTree: 梅木-1 Find a Grave: 21382379 Genius: Miyoshi-umeki Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nada en Otaru, Umeki foi a máis pequena de nove irmáns. O seu pai era o propietario dunha fábrica de ferro.[1] Trala segunda guerra mundial Umeki comezou a súa carreira como cantante de club nocturno no Xapón, usando o nome de Nancy Umeki,[3] As súas influencias eran o teatro kabuki tradicional e a música pop estadounidense.[1]

Entre 1950 e 1954 gravou para a RCA Victor Japan[1] e apareceu no filme Seishun Jazu Musume. Gravou especialmente standards de jazz, que cantaba en parte en xaponés e en parte en inglés ou unicamente en cada idioma. En 1955 instalouse nos Estados Unidos[1][3] e tras aparecer en Arthur Godfrey Talent Scouts asinou un contrato con Mercury Records e gravou varios sinxelos e dous álbums.[1]

As súas intervencións no programa de Godfrey chamaron a atención do director Joshua Logan, que a contratou para Sayonara.[2] Umeki gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por este filme.

En 1958 foi candidata ao Tony polo musical Flower Drum Song. Tamén apareceu na adaptación cinematográfica do mesmo musical[3] e foi candidata ao Globo de Ouro.

Aínda que foi unha invitada habitual en programas televisivos, só apareceu en catro filmes desde 1962. Foi de novo candidata ao Globo de Ouro polo seu papel en The Courtship of Eddie's Father (1969-1972), mais tras acabar a serie retirouse da interpretación.

Umeki viviu durante varios anos en Sherman Oaks[3] antes de mudarse a Licking, Missouri, para estar preto da súa familia. Faleceu dun cancro aos 78 anos.[4]

Filmografía

Cinema
AnoTítuloPersonaxeNotas
1953Seishun Jazz musume (青春ジャズ娘 Seishun jazu musume)Kashu
1956Around the World RevueNancy Umekicoñecida tamén como Universal Musical Short 2655: Around the World Revue
1957SayonaraKatsumi
1961Flower Drum SongMei Li
1961Cry for HappyHarue
1962A Girl Named TamikoEiko
1962The Horizontal LieutenantAkiko
Televisión
AnoTítuloPersonaxeNotas
1955Arthur Godfrey and His FriendsEla mesma
1957The Perry Como ShowEla mesma1 episodio
1958–61The Dinah Shore Chevy Show]]Ela mesmaEpisodio #2.32 (1958), Episodio #4.16 (1960), Episodio #5.17
1958What's My Line?Ela mesma – Invitada misteriosaEpisodio #414 o 11 de maio de 1958
1958The Tennessee Ernie Ford ShowEla mesmaEpisodio #2.25
1958Bing Crosby's White Christmas: All-Star ShowEla mesmaIt Might as Well Be Spring
1959The Chevy Showroom Starring Andy WilliamsEla mesmaEpisodio #2.2
1959Toast of the TownCantante
1961Here's HollywoodEla mesmaEpisodio do 27 de decembro de 1961
1961–62The Donna Reed ShowKimi2 episodios: "The Geisha Girl" (1961), "Aloha, Kimi" (1962)
1962The Andy Williams Show]]Ela mesmaEpisodio do 11 de outubro de 1962, Episodio do 13 de decembro de 1962
1962Hallmark Hall of FameLotus-Blossom"The Teahouse of the August Moon"
1962Sam BenedictSumiko Matsui"Tears for a Nobody Doll"
1963RawhideNami"Incident of the Geisha"
1963Dr. KildareHana Shigera"One Clear Bright Thursday Morning"
1964Burke's LawMary 'Lotus Bud' Ling"Who Killed the Paper Dragon?"
1964O VirxinianoKim Ho"Smile of a Dragon"
1964Mister EdAko Tenaka"Ed in the Peace Corps"
1964The Celebrity GameEla mesmaEpisodio do 19 de abril de 1964
1969The Queen and IJapanese Bride"The Trousseau"
1969–72The Courtship of Eddie's FatherMrs. Livingston66 episodios
1971This Is Your LifeEla mesmaDedicado a Bill Bixby
1971The Pet SetEla mesmaEpisodio do 30 de xuño de 1971
1971The Merv Griffin ShowEla mesmaEpisodio do 29 de marzo de 1971
1972Salute to Oscar Hammerstein IIEla mesma

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas