Miss Ledyia

(Redirección desde «Miss Ledya»)

Miss Ledyia ou Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916. Foi dirixido por Xosé Gil y Gil, con guión de Rafael López de Haro, e ten unha duración de 20 minutos.

Miss Ledyia
Ficha técnica
DirectorXosé Gil y Gil
GuiónRafael López de Haro
IntérpretesFefa Sandoval
Marina Fonseca
Petra Gaztambide
Lola Quiñones
Castelao
Margarita Berbén
Estrea1916
Duración20 minutos
OrixeGalicia Galicia
Na rede
IMDB: tt0007075 Filmaffinity: 966861 Editar o valor em Wikidata

Argumento

A historia, moi influída polos seriais cinematográficos de Louis Feuillade, moi de moda daquela, narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledyia Katson e o seu tío millonario dende os Estados Unidos e a súa estadía na Illa da Toxa. Alí coinciden cos reis de Suavia que se encontran de incógnito e que están ameazados pola chegada tamén dun anarquista, que pretende realizar un atentado, nunha clara referencia ao atentado de Saraxevo que desencadeou a primeira guerra mundial.

Características

O director Xosé Gil

Foi rodada na illa da Toxa, no balneario do río Lérez en Monte Porreiro (Pontevedra), e mais na Caeira e Portosanto (Poio). Estreouse o 3 de marzo de 1916 no Teatro Principal de Pontevedra.

Tan só se conserva unha copia do filme que estivo no Museo de Pontevedra ata 1996 cando llo cedeu á Filmoteca Española. Actualmente está no Centro Galego de Artes da Imaxe, que restaurou a copia.

Intérpretes

Os actores, afeccionados, pertencían á burguesía pontevedresa. Aparecen por orde de aparición nos créditos:

  • Fefa Sandoval (Miss Ledyia)
  • Marina Fonseca (Márgara)
  • Petra Gaztambide
  • Lola Quiñones
  • Margarita Berbén (Miss Katia)
  • Clara Sobrino
  • Fausto Otero (Rusquin)
  • Castelao (pastor protestante)
  • Víctor Cervera Mecadillo (Míster Katzon)
  • Isidoro Millán
  • Félix Rojas
  • Manuel Espárrago
  • Antonio Blanco Porto (Carlos)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas