Mirounga leonina

especie de mamífero

Mirounga leonina é unha das dúas especies de elefantes mariños que existen. Vive nos mares e costas da zona do Océano Glacial Antártico. É o meirande membro do clado dos pinnípedes e da orde dos carnívoros, así como o meirande mamífero mariño que non é un cetáceo. Recibe o seu nome común debido ao seu masivo tamaño e á gran probóscide que presentan os machos adultos, a cal é usada para producir sonoros ruxidos, especialmente durante a época de apareamento. O macho de Mirounga leonina é un 40% máis pesado que o macho de Mirounga angustirostris, e o dobre de pesado que o macho da morsa (Odobenus rosmarus),[5][6] e entre 6 e 7 veces máis pesado que o meirande carnívoro terrestre, o oso polar (Ursus maritimus) e o Ursus arctos middendorffi.[7]

Mirounga leonina
Rango fósil: Plistoceno-presente

Macho

Femias e crías.
Femias e crías.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Carnivora
Suborde:Caniformia
Superfamilia:Pinnipedia
Familia:Phocidae
Xénero:Mirounga
Especie:M. leonina
(Linnaeus, 1758)[2]
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.
Sinonimia

Phoca leonina Linnaeus, 1758
Macrorhinus leoninus (Linn.)[3]
Macrorhinus elephantinus[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía