Mirabilis jalapa

especie de planta

Mirabilis jalapa

Mirabilis jalapa
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Caryophyllales
Familia:Nyctaginaceae
Tribo:Nyctagineae
Xénero:Mirabilis
Especie:Mirabilis jalapa
L., 1753

Mirabilis jalapa é unha especie de planta, a máis común das plantas ornamentais do xénero Mirabilis, a cal está dispoñible en varias cores. Mirabilis en lingua latina quere dicir marabilloso e Jalapa (ou Xalapa) é a capital estatal de Veracruz, en México. Mirabilis jalapa foi cultivado polos aztecas con propósitos medicinais e ornamentais.

As flores abren normalmente a partir da tarde ou ao anoitecer (especialmente entre as 4 e as 8 horas), dando lugar a un dos seus nomes comúns. As flores producen entón unha forte fragrancia de cheiro doce durante toda a noite e logo péchanse definitivamente pola mañá. Novas flores abren ao día seguinte. Chegaron a Europa en 1525. Hoxe en día, é común en moitas rexións tropicais e tamén se valora en Europa como unha planta ornamental (non resistente). É a flor estatal infantil de Connecticut co nome de Four O'Clocks de Michaela Petit.[1]

Notas