Miquel Crusafont i Sabater

numismático e historiador español

Miquel Crusafont i Sabater, nado en 1942 en Sabadell, Barcelona, enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña e doutor en Historia pola Universidade Autónoma de Barcelona, con diploma en museoloxía da Generalitat de Cataluña, foi director do Museo de Historia de Sabadell. Como historiador, investigador e coleccionista está especializado nas áreas de numismática e medallística, especialmente na moeda catalá medieval, asunto no que está considerado como un salientable especialista.[1][2][3]

Infotaula de personaMiquel Crusafont
i Sabater

Miquel Crusafont i Sabater
Biografía
Nacemento1942
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona
País de nacionalidadeEspañola
Educación- Universidade Autónoma de Barcelona.
- Universidade Politécnica de Cataluña.
Coñecido porEstudos de numismática medieval de Cataluña.
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía, museoloxía, enxeñaría industrial
Ocupaciónhistoriador , arqueólogo , museólogo , enxeñeiro , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMiguel Crusafont-Pairó (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnna Crusafont Sabater (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
- Jeton de Vermeil da Société française de numismatique (2003).
- Premio Conde Garriga da Asociación Numismática Española.
- Creu de Sant Jordi (2017).
Membro honorario de:
- Associaçao Numismática de Portugal.
- Società Numismatica Sarda
- Centre National de Recherche sur les Jetons et les Mereaux du Moyen Âge.

BNE: XX1148255 Dialnet: 223100

Traxectoria

En 1996 foi nomeado presidente da Societat Catalana d'Estudis Numismàtics, e tanmén se ocupou da dirección da revista Acta Numismática, o órgano de comunicación dos seus membros.

Como numismático, destaca a súa participación no programa internacional Survey of Numismatic Research, do Consello Internacional de Numismática e desenvolvido no seo dos Congresos Internacionais de Numismática, así como noutras iniciativas como Une monnaie pour l'Europe (Bruxelas), I goti (Milán) e Medieval European Coinage (Cambridge).

Crusafont publicou quince libros e máis de tres centos de artigos, especialmente sobre a historia da moeda medieval e moderna.[4]

Recoñecementos

Miquel Crusafont foi premiado en 2003 co Jeton de Vermeil pola Société Française de Numismatique (París) e en dúas ocasións co premio Conde Garriga da Asociación Numismática Española.[5]

O día 11 de abril de 2017, o Goberno da Generalitat de Catalunya concedeulle a Creu de Sant Jordi.[6]

Ademais, é membro honorario da Associaçao Numismática de Portugal (Lisboa), da Società Numismatica Sarda (Sassari) e do Centre National de Recherche sur les Jetons et les Mereaux du Moyen Âge (Versalles).[7]

Publicacións

Esta é unha listaxe das monografías publicadas por Miquel Crusafont, por orde cronolóxica:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas