Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública (España)
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública[1] de España é o departamento da Administración Xeral do Estado con competencias en transformación dixital e función pública, polo que lle competen a preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local.
Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | ministerio de España |
Data de fundación | 20 de novembro de 2023 |
País | España |
Na rede | |
https://digital.gob.es/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde 2023, o seu titular é José Luís Escrivá, que anteriormente exerceu como ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.[2]
Historia
Creouse en novembro de 2023. É un dos novos departamentos do terceiro Goberno de Pedro Sánchez.
Estrutura
Estrutúrase nos seguintes órganos superiores e directivos:
- A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
- A Secretaría Xeral de Administración Dixital, con rango de Subsecretaría.
- A Dirección Xeral de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
- A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
- A Secretaría Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual, con rango de Subsecretaría.
Adscricións
- A entidade pública empresarial Rede.é.
- O Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE).
- A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5