Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (España)
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | ministerio de España |
Campo de traballo | ciencia, investigación científica, Innovación e universidade |
Data de fundación | 6 de xuño de 2018 |
Presidente/a | Diana Morant |
Organización subsidiaria | Secretariat of State for Universities, Research, Development and Innovation of Spain e Consello Superior de Investigacións Científicas |
Sede | Paseo da Castellana |
País | España |
Na rede | |
http://www.ciencia.gob.es/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de Pedro Sánchez, con competencias en ciencia, I+D+i e universidades. A súa titular é Diana Morant.
Os ministerios de ciencia foron unha constante nos diferentes gobernos de España, se ben dependendo do partido no Goberno este adquiría autonomía propia ou fusionábase con outros. Desde a moción de censura contra Mariano Rajoy, e a chegada de Pedro Sánchez á presidencia, este recuperou a autonomía do ministerio. A partir de 2020, deu lugar a dous ministerios diferenciados: Ministerio de Ciencia e Innovación, e Ministerio de Universidades.
Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a proposta e execución da política do Goberno en materia de Universidades, investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores.[1]
En particular, corresponderá ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades o exercicio das competencias de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en materia espacial, incluídas a representación e a participación nos organismos da Unión Europea e Internacionais.
Esta Secretaría de Estado dispoñía como único órgano superior:[2]